O BNG defende un novo Concerto económico que beneficie a Galiza e o PP responde "NON"
O deputado do BNG, Francisco Jorquera defendeu unha Proposición de lei para reclamar autonomía financeira e fiscal en Galiza a través dun novo concerto económico co Estado, proposta que foi rexeitada polo Partido popular
O deputado do BNG, Francisco Jorquera defendeu unha Proposición de Lei sobre un novo concerto económico para Galiza co fin de ser presentada ante o Congreso dos deputados para a súa aprobación. Os votos en contra do Partido popular impediron que a iniciativa do BNG prosperara.
O deputado do BNG dixo que o Partido popular rebate os nosos datos sobre fluxos fiscais entre Galiza e o Estado español pero a pesar de telos solicitado con insistencia, a Xunta non aporta os seus. Dende o BNG, mesmo propuxemos unha comisión parlamentaria de estudos á que o PP tamén se opuxo.
Jorquera reiterou que aínda que a balanza fose negativa para Galiza, o concerto económico para o noso país é compatible con mecanismos que corrixan as desigualdades territoriais e contar coa ferramenta necesaria para deseñar as nosas propias políticas fiscais, ao servizo dos intereses de Galiza.
As comunidades con cupo contan con mellores indicadores económicos
O nacionalista afirmou que as comunidades que teñen autonomía fiscal plena son as que contan con mellores indicadores económicos, benestar e cohesión social. Non podemos seguir laiándonos de que a Euskadi e Navarra lle vaia ben.
Jorquera lembrou que o BNG propuxo ao Goberno presentar as súas proposta no Parlamento e establecer un dialogo cos grupos para concretar unha posición de país e vostedes, dixo, dixeron non, pedimos concretar a nosa proposta e tamén dixeron non incluso a pesar das declaracións do propio presidente da Xunta que cualificou de incorrecto e inxusto o modelo porque non financia o custe real dos servizos.
Lembranza a Alexandre Bóveda e a súa defensa dunha Banca e tributación propia
Na defenda da Proposición de lei, o deputado lembrou que hai 113 anos nacía en Ourense Alexandre Bóveda e se Castelao foi o grande referente social do galeguismo, Bóveda foi o seu motor de explosión. O seu compromiso ético e político levouno a entregar a súa vida por Galiza e asumir o seu martirio como un contributo ao país. Para Bóveda, recalcou Jorquera o nacionalismo era moito máis que unha cuestión identitaria e falar de Galiza era falar de progreso e do benestar do pobo galego por iso, Bóveda propuxo, como fai o nacionalismo de hoxe, crear un Banco Nacional galego para que o noso aforro non emigre e tamén defendeu para Galiza unha administración tributaria propia. Iso, recalcou o parlamentar é o espírito da nosa proposición de Lei. Unha iniciativa para que Galiza dispoña dun novo sistema de financiamento e plena responsabilidade en materia fiscal.
As empresas con actividade en territorio galego deben tributar en Galiza
O nacionalista propuxo inverter os termos e que sexa Galiza quen transfira ao Estado a cantidade correspondente para contribuír os servizos xestionados pola administración central porque se calculamos o que o Estado recada en Galiza por todos os conceptos impositivos e moito máis do que logo nos transfire a través do sistema de financiamento autonómico. Neste sentido, explicou que no ano 2007 o Estado captou 12.504 M mentres Galiza obtivo 8.129 do sistema de financiamento, os recurso xerados en Galiza superaron en máis de 3.000 M, esta é a capacidade tributaria que temos.
A proposta de lei do BNG incluía a plena incorporación do imposto de sociedades ao noso sistema de financiamento para que as empresas que operen en Galiza tributen á Facenda galega e non a Madrid como ocorre con Inditex, Citröen ou Unión Fenosa.
O nacionalista rematou a súa intervención parafraseando a Bóveda que denfendía que o diñeiro procedente dos impostos que pagamos todos os galegos e galegas non emigre e se poña ao servizo do país.