O BNG defende un monte limpo e multifuncional, antídoto contra o lume e para revitalizar o rural
Ana Pontón advirte a Feixóo que estamos ás portas da tempada de risco e que desde a “patraña da trama incendiaria” non se muda unha política forestal “pirómana que converteu Galiza nun polvorín
A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a delegación do BNG na manifestación convocada baixo o lema Por un plano forestal para un medio rural vivo convocada polas diferentes organizacións sindicais agrarias e pola Organización galega de comunidades de montes en contra da privatización do monte en man común, xa que a normativa impulsada pola Xunta ataca esta unha forma particular de propiedade.
“O Goberno ten que escoitar o clamor social e dar un xiro radical á política forestal, hai que pasar dunha política forestal pirómana que enche o país de eucaliptos a unha política que aposte por un monte limpo, vivo e multifuncional, hai que pasar do abandono do monte ao seu aproveitamento integral para xerar riqueza, emprego e revitalizar o medio rural. Un monte multifuncional, un monte limpo e vivo, é tamén o mellor antídoto contra os lumes”, salientou Pontón.
Por iso, e ás portas da temporada de risco de incendios, Pontón interpelará no próximo Pleno a Feixóo, “porque a mentira da trama incendiaria, por moito que a repita mil veces, seguirá a ser unha mentira e desde a mentira non se pode combater os lumes nunha Galiza convertida nun polvorín tras décadas de política forestal pirómona do PP”.
Aprobar o Pladiga no primeiro trimestre do ano, mudar o dispositivo de loita contra os lumes apostando pola súa profesionalización e mando único e dotar aos concellos dun teléfono exclusivo no que os alcaldes e alcaldesas reciban atención inmediata ante unha emerxencia, forman parte tamén das propostas que o Bloque.