O BNG dalle os parabéns a Carlos Callón pola súa absolución

O BNG parabeniza a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Linguística, que foi absolto pola xustiza dun delicto de supostas calumnias contra un xuíz da Coruña. Carlos Callón criticou que o xuíz incumprira a legalidade no tocante ao respecto do topónimo legal da cidade da Coruña na súa forma orixinal, a galega. Isto foi motivo para o que o xuíz o denunciase ante a Xustiza, por defender a legalidade da lingua galega.

O BNG reitera que defender a lingua galega, o idioma propio de Galiza, non pode ser delicto.

Achegamos vídeo do día do inicio do xuízo:

 

http://youtu.be/3YwKYE1_04M