BNG culpabiliza á Dirección xeral de Comercio do retraso da convocatoria de subvencións do ano 2022 para as asociación e federacións de comercio
A parlamentaria responsabilizou á Dirección xeral de Comercio do retraso das convocatorias para axudas ao comercio cando en realidade, dixo, é “un pega e copia das do ano anterior” e preguntou si realmente o goberno está comprometido a resolvelas “con axilidade”, antes do verán.
O sector, explicou a deputada, demanda que sexan convocadas a principios do mes de decembro, con canta contía e para que actividade concreta co fin de impedir a devolución da subvención como xa aconteceu con algunha federación ante a reclamación do adianto e a posterior denegación da axuda. A deputada rexeitou as explicacións do director xeral de Comercio, Manuel Heredia sobre a ampliación dos prazos para o desenvolvemento das actividades porque, dixo, os solicitantes descoñecen o tipo de actividades e o que precisan e que non se retrase a convocatoria.
Carmela González cominou ao director xeral a enviar a convocatoria, “mañá mesmo” para ser despois publicada no DOG e compensar todos os prexuízos causados do ano pasado.
A xuízo da nacionalista, “non existe ningunha xustificación para retrasar as convocatorias” e explicou que as subvencións van dirixidas a un reducido número de solicitudes polo tanto “non require un gran proceso polo gran número de solicitantes e resolución é simple”. Dende o BNG, recalcou, “non entendemos o retraso na convocatoria”.
Para a deputada, a crise do comercio dende hai 12 anos, coincide co goberno do Partido popular e a falta de medidas para reflotar un sector gravemente danado. A Xunta de Galiza, volveu a explicar, convoca ao ano dúas liñas de subvencións ás asociacións e federacións de comercio, as destinadas a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos e ás actividades para o comercio de proximidade.
As axudas buscan construír un sector comercial máis “forte e dinámico” e as actividades deben desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro. A deputada recalcou que resulta obvio que de comezar as actividades o 1 de xaneiro a convocatoria de axudas debe ser anterior pero a Dirección Xeral de Comercio “convoca tarde e resolve tarde”.
Na actualidade son convocadas entre marzo e abril e resolvese no mes de setembro e outubro e no ano 2020, “en plena pandemia e cos negocios pechados e sen ingresos as axudas foron convocadas en xuño e resoltas a finais de ano”, criticou.
O pasado ano, foron convocadas o 29 de xullo e no mes de agosto, na súa opinión, “moi tarde” se realmente a intención e reforzar o sector comercial.
Carmela González insistiu en que deben ser axilizadas as convocatorias e as resolucións para que as asociacións non se vexan obrigadas a solicitar nun primeiro momento un préstamo bancario e logo accede a subvención.
O goberno galego non repara, dixo, que estas asociacións, sen ánimo de lucro dependen das axudas para existir e están formadas por mulleres e homes que dedican un grande esforzo para acadar un beneficio para a colectividade polo que volveu a reclamar “axilidade” para non deixar desamparadas a todas estas entidades até final de ano.