O BNG cualifica de “pelotazo” a concesión a ERIMSA cun informe mediomabiental negativo en 2017
O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas trasladou á Dirección xeral de Agricultura a preocupación ante o cambio da declaración ambiental que permitirá a explotación mineira a ERIMSA nos concellos de Xanceda, Frades e Mesía en terras cun gran potencial agrogandeiro.
O parlamentario cualificou de “pelotazo” o cambio que permite a actividade da empresa mineira tendo en conta os antecedentes xa que no ano 2017, explicou o informe de impacto ambiental era “demoledor” sen embargo, no ano 2019 o informe permite o proxecto mineiro.
Rivas recalcou que a actividade agrogandeira na zona está considerada de “primeira orde” tras os grandes investimentos utilizados na reestruturación agraria que agora corren un grande risco ante o novo informe do impacto ambiental para a licencia da explotación mineira de croios de silicio.
Para o parlamentario, o cambio da dirección xeral presenta moitas dúbidas e representa “un agasallo de recursos naturais galegos a unha multinacional”. A un propietario se lle pagarán 3.750 euros por hectárea pero a extracción volta a Galiza por valor de 30 ou 40 millóns de euros como “silicio puro, ouro branco”.
O nacionalista reiterou a súa preocupación por un proxecto mineiro que, sen dúbida, dixo, pon en risco a riqueza agrogandeira da zona. Na súa opinión, o cambio na nova declaración de impacto ambiental do goberno do Partido popular semella “conivencia” cunha empresa mineira á que lle perdemos a pista despois de pasar por unha empresa chinesa e outra norueguesa.