O BNG cualifica de “intolerable” que tras un ano de pandemia, o PP continue sen presentar medidas para reforzar o sistema sanitario
A deputada do BNG, Iria Carreira denuncia falta de recursos en Atención primaria e o empeoramento das condicións laborais das traballadoras
Pide ao Partido Popular que rectifique e reverta unha situación sanitaria marcada polos continuos recortes durante dez anos
A portavoz de sanidade hospitalaria do BNG, Iría Carreira cualifica de “intolerable” que, tras un ano de pandemia no que se evidenciou a necesidade de contar cun sistema sanitario e con recursos, teñamos unha Atención primaria “afogada pola falta de persoal”, situación que a xuízo da nacionalista está a provocar graves consecuencias para as pacientes, polo “deterioro da calidade asistencial” e o empeoramento das condición laborais das traballadoras derivado da sobrecarga de traballo.
O BNG súmase as denuncias das traballadoras da sanidade ante a carga asistencial que deben soportar, denuncias, explica a deputada nacionalista que mesmo foron presentadas ante o SERGAS e o Colexio de Médicos de Pontevedra.
Para a nacionalista, resulta “indecente” que o Partido popular “non presente propostas para reverter unha situación que o propio PP xerou, tras unha década de continuos recortes nos servizos públicos”.
O BNG exixe melloras para a Atención primaria e pide ao goberno que escoite as denuncias e reivindicacións do persoal da sanidade pública