O BNG cualifica de insuficientes as accións do goberno para sanear a ría do Burgo

Mini Rivas

Xosé Luís Rivas anuncia que a eurodeputada do BNG, Ana Miranda levará a Bruxelas os problemas da ría e favorecerá que a Cámara europea escoite aos axentes implicados

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas preguntou hoxe ao goberno polas acción levadas a cabo para sanear a Ría do Burgo e cualificou de “desatino” a xestión da Xunta neste ámbito.

O deputado lamentou que  o desinterese da Xunta e unha  mala xestión  provocara a   perda de dous mil postos de traballo e reducido drasticamente a actividade extractiva. “Foron anos de Eres e agora está a amenza de peche”, sentenciou.

Rivas asegurou que o proxecto definitivo para o saneamento integral  segue  sen publicarse e sen esta publicación non hai orzamento. Mentres pasa o tempo, dixo,  asistiremos  a unha liorta interesada que obedece á falta de peso político de Galiza. Os parlamentarios e parlamentarias galegas deben presionar e facer valer o noso País para devolver a condición ambiental da Ría do Burgo, unha condición, recalcou Rivas, que nunca,  “debeu perder”.

Na Xunta están descansados porque cren que teñen os deberes feitos pero  non é así, teñen responsabilidade no retraso da documentación preceptiva, e nos orzamentos  e mentres continúan mirando para outro lado “a saúde da ría vai a peor”. Na actualidade, apenas existen 100 mariscadoras e mariscadoras e prodúcese menos do 18% da actividade da actividade extractiva. Por outra parte, tamén  denunciou que nin sequera está operativo un local para que os mariscadores e mariscadoras poidan cambiarse de roupa.

ANA MIRANDA LEVARÁ A EUROCAMARA A DEFENSA DO SANEAMENTO

Rivas lembrou que, unha vez máis, e grazas a eurodeputada do BNG, Ana Miranda  a Eurocámara volverá a tratar o saneamento das rías de Vigo e o Burgo. Ademais, Miranda favorecerá que se  escoiten en Bruxelas, alto e claro,  “as voces dos e das afectados”.

O parlamentario comparou a Ría do Burgo cunha “grande factoría” que nun país normalizado estaría a pleno rendemento e convertida nunha fonte de riqueza económica e medioambiental. Facelo posible, manifestou é competencia do goberno galego, concluíu.