O BNG critica que a mensaxe do rei volve estar moi afastada da realidade e dos problemas do día a día da cidadanía galega
O discurso do monarca expresa unha visión uniformadora e nega outras culturas e nacións como a galega.
Néstor Rego: «Hai un discurso pretendidamente social, que se ve claramente impostado e dende logo moi alleo e moi distante da realidade social galega».
O Bloque Nacionalista Galego rexeitan o discurso do monarca Felipe VI, que volve a ser “a expresión desa visión uniformadora do Estado español” que está moi alonxado da realidade plurinacional e plurilingüe na que se conforma realmente.
Defendese no seu discurso do Nadal a Constitución como un "marco de convivencia" cando, "é xusto o contrario" tendo en conta que "nega a Galiza como nación, os nosos dereitos colectivos como pobo e a posibilidade de avanzarmos en democracia e en benestar social". Por outro lado, Rego ve un discurso “pretendidamente social impostado” que está “moi alleo e moi distante” da realidade social e aspiracións da sociedade galega.
Todo isto evidencia o anacronismo dunha institución como a monarquía que “é incompatíbel” cun sistema que queira ser democrático onde o xefe do estado debe ser elixido polo conxunto dos cidadáns e das cidadás.