O BNG consigue que a UE acceda a divulgar o informe sobre o accidente de Angrois
A Comisión Europea accedeu finalmente á petición do BNG de dar a coñecer o informe elaborado pola Dirección Xeral de Transporte comunitario en relación ao accidente do tren Alvia en Angrois, tras a reiterada insistencia e as reclamacións da forza nacionalista.
Nun encontro que terá lugar mañá ás 16.
00 horas na sede do Executivo da UE, a portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, coñecerá o contido do documento da man do responsable de Seguridade Ferroviaria, Herald Ruijters, e de Josef Doppelbauer, director executivo da Axencia de Seguridade Europea (ERA).
Na cita tamén estarán representantes da Plataforma de vítimas, ás que o BNG apoio en todo momento incluíndo a organización dunha viaxe á capital comunitaria con encontros ao máximo nivel que están na orixe do informe que agora se dará a coñecer.
Tras esa viaxe auspiciada polo Bloque no pasado mes de novembro de 2015, a Comisión Europea comprometerase co BNG e cos representantes das vítimas a elaborar un informe, -encargado á ERA-, sobre o accidente do Alvia, tras admitir ter recibido datos adicionais de gran importancia, e co compromiso de entrega en maio de 2016.
Pero, sorprendentemente, a Comisión negouse a facilitar o informe por considerar que "podía afectar a unha investigación en curso contra o estado español por incumprimento da Directiva de Seguridade Ferroviaria". A través da portavoz en Europa, Ana Miranda, o BNG presentou un recurso ante a Unidade de Transparencia da Comisión Europea, que tivo como resposta a confirmación de que adiaba a entrega do informe.
Unha demora que Miranda atribúe a presións do Estado español e que motivou que de novo no pasado mes de xuño, o BNG volvese reclamar o informe á Comisión Europea. Finalmente, o Executivo comunitario trasladará o documento na reunión prevista para maña con Ana Miranda e unha representación das vítimas.
TIMELINE DE ACCIÓNS DO BNG SOBRE ANGROIS