Congreso
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
09 de xaneiro de 2020 (15:00 h.)
AP-9, ferrocarril, industria e emprego, dependencia, saneamento das rías, lingua, transferencias, violencia machista, emigrantes retornados... O que o BNG conseguiu co acordo de investidura para rematar cos 10 anos de bloqueo do goberno de Feixóo.
AP-9 GALEGA
- Bonificación do 100% das peaxes para viaxes recorrentes (dúas veces ou máis ao día) para particulares e profesionais.
- Gratuidade do tramo Vigo-Redondela.
- Eliminación do impacto nos e nas usuarias da AP-9 do incremento extraordinario anual acumulativo durante 20 anos.
- Tranferencia da AP-9 ao longo deste ano 2020.
MELLORA DA REDE FERROVIARIA GALEGA
- Modernización da rede interior ferroviaria con actuacións concretas ao longo desta lexislatura nos seguintes tramos (como mínimo): A Coruña-Ferrol, A Coruña-Lugo e Vigo-fronteira portuguesa no eixo atlántico ferroviario.
- Electrificación no tramo Ourense-Lugo e a liña FEVE Ferrol con Xixón.
- Corredor Atlántico.
- Conexión en 2020 cos portos exteriores de Ferrol e A Coruña.
RÍAS GALEGAS LIMPAS E SEN CONTAMINACIÓN
- Saneamento e rexeneración das rías galegas.
- Asegurar o cumprimento por parte de ELNOSA das súas obrigas en relación coa reversión dos terreos cedidos en concesión.
- Traslado de ENCE garantindo o mantemento do emprego.
APOIO Á NOSA LINGUA
- Normalización do uso do galego na administración periférica do Estado. Respecto pola toponimia galega.
- Recuperar horas de emisión dos medios de comunicación públicos estatais.
- Recepción na Galiza das radios e televisións de Portugal.
RECOÑECEMENTO A GALIZA E TRANSFERENCIAS
- Calquera modificación da estrutura territorial do Estado asegurará a Galiza o mesmo status que as outras nacións.
- Activar a transferencia da totalidade das competencias pendentes recollidas no Estatuto, así como das competencias que foron obxecto de consenso no Parlamento Galego (AP-9, Tráfico...).
COMBATENDO A VIOLENCIA MACHISTA
- Modificación da Lei Integral de Violencia de Xénero e a Lei Orgánica do Poder Xudicial, a fin de considerar os delitos sexuais contra as mulleres como violencia de xénero.
- Ampliar o número de xulgados de violencia de xénero na Galiza e, en concreto, en Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.
MANTENDO A INDUSTRIA E O EMPREGO
- Incluír Galiza no Plan de Acción Urxente para países do Carbón e Centrais Pechadas (2019-2021).
- Convenios de Transición Xusta para As Pontes e Cerceda.
- Electrointensivas: liberar a factura de cargos que non teñan relación directa co funcionamento do sistema eléctrico.
DEPENDENCIA
- Aportación do 50% estábel que corresponde á Administración Xeral do Estado para o financiamento da Dependencia.
EMIGRANTES RETORNAD@S
- Durante 2020 adoptaranse as medidas necesarias para evitar que as prestacións recibidas desde o estranxeiro por emigrantes retornados sufran unha dobre tributación.
DESCARGAS: