BNG consegue impulsar a redacción do proxecto da variante da Estrada
Xoán Reices e Vanesa Iglesias poñen en valor o traballo realizado polo BNG nas Cortes Xerais: “un deputado e unha senadora do BNG conseguen máis que os 13 deputados consegue medidas de carácter social como o aumento das pensións, a ampliación dos permisos de paternidade e maternidade ou 50% do financiamento para cumprir a Lei de Dependencia, entre outras cuestións.
A mellora da seguranza viaria é unha reclamación histórica da veciñanza da Estrada a respecto da N-640. Numerosas son as iniciativas presentadas a nivel local, galego e estatal co obxectivo de que o Goberno do Estado realice actuacións urxentes. “O BNG consegue arrincar o compromiso do novo executivo para actuar no tramo de concentración de accidentes na N-640, entre outras estradas pertencentes ao Estado” apunta o deputado do BNG.
Ademais, “Iniciarase no ano 2024 a redacción dos proxectos da variante da Estrada, para comezar a execución antes de que remate a lexislatura” explica Néstor Rego. Esta obra, lembra o deputado do BNG, foi obxecto de diversas iniciativas na pasada lexislatura e foi un compromiso histórico “que adquirimos porque entendemos que é unha infraestrutura chave para o concello da Estrada”.
Defender a Galiza e as maiorías sociais
Por outra banda, para alén de medidas en relación coa mellora das infraestruturas e servizos no conxunto do País e da compensación da débeda pública da Galiza, o BNG tamén consegue incluír medidas de carácter social no acordo de investidura como a creación de novos xulgados de violencia de xénero, a suba das pensións mínimas e non contributivas, a ampliación do permiso de paternidade e maternidade a 20 semanas ou o compromiso do Goberno para achegar 50% que corresponde á AXE para o financiamento das actuacións da Lei de dependencia.
Un deputado e unha senadora do BNG
Xoán Reices e Vanesa Iglesias, concelleiros do BNG no municipio da Estrada, puxeron en valor o traballo realizado polo BNG nas Cortes Xerais do Estado conseguindo, a través do acordo de investidura, mellorar a vida dos galegos e galegas “e en especial dos e das estradenses. Co BNG, A Estrada Gaña” evidencian.
Neste sentido, Reices e Iglesias sinalaron que “un deputado e unha senadora do BNG conseguen máis para Galiza que os 13 deputados e deputadas e 14 senadores e senadoras do Partido Popular”.