BNG condena firmemente o ataque de magnicidio contra Cristina Fernández de Kirchner
02 de setembro de 2022 (17:17 h.)
A Executiva do BNG traslada á Vicepresidenta arxentina e ao partido de goberno a súa total solidariedade na repulsa da violencia contra os ataques
A Executiva Nacional do BNG condena firmemente o ataque de magnicidio á Vicepresidenta da República de Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, acontecido onte mentres se dirixía ao seu domicilio.
O Bloque quere sumarse ao chamamento feito polo “Frente para Todos” de Arxentina a comprometerse coa busca da paz social por riba de calquera diferencia. Igualmente defende que as incitacións ao odio que sofre a Vicepresidenta Cristina Fernández desde hai meses só fan incrementar o clima de violencia.
Deste xeito, a Executiva Nacional do BNG traslada á Vicepresidenta arxentina e ao partido de goberno a súa total solidariedade na repulsa da violencia contra os ataques sufridos.