BNG comprométese a poñer o ‘turbo’ na Plisán despois de 20 anos “a paso de tartaruga”
Luís Bará anuncia un impulso ao solo industrial, axilidade administrativa para atraer empresas e desenvolver a nova ponte prevista no Plan Move, promovendo a complementariedade con proxectos de Portugal
Planificar servizos como a EDAR para que atenda núcleos urbanos e rurais e un estudo para incluír a zona no tren de proximidade da área de Vigo, outros dos compromisos
O BNG comprometeuse hoxe a que o goberno do Bloque na Xunta porá o ‘turbo’ na Plisán “despois de 20 anos a paso de tartaruga”. Así o dixo o cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen anunciou impulso para o solo industrial, axilidade administrativa para atraer empresas e desenvolver a nova ponte prevista no Plan Move. Tamén anunciou unha mellor planificación de servizos como o da EDAR, para que atenda necesidades dos núcleos urbanos e rurais, e un estudo para incluír a zona no tren de proximidade da área de Vigo, facendo a área complementaria co norte de Portugal.
Bará garantiu todas estas actuacións na Plisán e subliñou que é un exemplo do fracaso da política industrial da Xunta do PP, posto que a día de hoxe só hai unha empresa, Subliñou os reiterados anuncios de proxectos incumpridos e unha grande lentitude no desenvolvemento da plataforma, que debería funcionar como porto seco de Vigo. Fixo tamén lembranza do retraso na comunicación coa autovía e a contorna e a falta de previsión nos servizos, como por exemplo a depuradora, que xera problemas para a veciñanza da contorna, e tamén falta de previsión da conexión ferroviaria, “tarde e só para mercadorías”.
“Aquí o PP vai a paso de tartaruga en comparación co norte de Portugal, que veñen de desenvolver o Minho Park de Monçao con 56 hectáreas de solo industrial e condicións vantaxosas a solo 8 quilómetros da Plisán”, dixo o nacionalista, quen salientou que a actividade industrial no norte de Portugal está 10 puntos por riba no peso do PIB que en Galiza, insistiu o nacionalista, quen destacou que o BNG contempla un plan de fomento da actividade industrial e tecnolóxica, que propicie o incremento do peso da industria no país e alente o investimento empresarial, propio e estranxeiro.
Neste sentido, destacou que o Bloque propón “competitividade e complementariedade” nos proxectos dos dous lados do Miño, co desenvolvemento tamén do proxecto da nova ponte para conectar con Portugal xa prevista no Plan Move.
En canto a servizos, Bará destacou como estratéxico desenvolver o transporte de persoas ademais de de mercadorías. A estación intermodal de ferrocarril, insistiu, debe funcionar como un servizo de transporte para toda a poboación, un medio eficiente, ecolóxico e seguro de transporte, que conecte a zona coas áreas industriais viguesas de Porriño e con Ourense e o AVE. “Hai que repensar a utilización do camiño férreo que percorre o Miño dun xeito máis transversal, converténdoo nun medio de transporte efectivo e multidisciplinar que permita o tráfico de mercancías e pasaxeiros polo sur da nosa provincia, que daría servizo a todo o potencial de persoas traballadoras da Plisán, polo que faremos un estudo para integrar esta liña no tren de proximidade”, confirmou.
Finalmente, o cabeza de cartel destacou a necesidade de mellorar as instalacións de saneamento, e conseguir que o saneamento de boa parte das Neves leve a esas instalacións, substituíndo así a decantadora de Liñares de maneira eficiente e acabar cos cheiros da actual EDAR.
Co fin de impulsar todas estas iniciativas Bará destacou que é necesaria unha rexeneración non goberno galego, para que este goberne en favor dás galegas e dous galegos e non dás empresas do IBEX e dás portas xiratorias. Subliñou que a maioría dá poboación galega quere ese cambio, polo que pediu á xente indecisa que acuda a votar e concentre non BNG todo ou voto, xa que Ana Pontón e ou Bloque son a única alternativa realista para sacar ao PP dá Presidencia dá Xunta.
Bará estivo acompañado na visita á Plisán pola eurodeputada Ana Miranda, as tamén candidatas pola comarca Cristina Fernández e Rocío Barreiro, e outras integrantes do BNG a nivel o orgánico e institucional das Neves, Salvaterra, Salceda e Mondariz, así como representantes do sindicato CIG.