O BNG chama a secundar o domingo as manifestacións da CIG contra o saqueo ao pobo

O BNG chama a secundar masivamente as manifestacións que a CIG vai realizar este domingo 1 de Xullo nas cidades galegas baixo o lema de Paremos o Saqueo á clase Traballadora.

Hoxe máis que nunca faise evidente que ou nos mobilizamos ou imos perder a batalla da defensa dos nosos dereitos sociais, e tamén nacionais, fronte aos que causaron a crise e gobernan ao seu antollo a globalización neoliberal.

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, asistirá á manifestación convocada na Coruña.

Horario e lugar das marchas:

-A Coruña: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo.

-Santiago: ás 12.00 horas dende a Praza Roxa.

-Lugo: ás 12:00 dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).

-Ourense: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

-Pontevedra: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.

-Vigo: ás 12:00 horas dende o cruce da Doblada.

-Vilagarcía de Arousa: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

-A Estrada: ás 12.00 horas dende a Praza do Concello.