BNG celebra o investimento en máis de 12 millóns para a conservación da A-52 ao seu paso por Ourense
25 de abril de 2024 (17:08 h.)
Este investimento forma parte do acordo de investidura asinado polo BNG
A organización nacionalista ve positivo que se vaia avanzando nas medidas recollidas no acordo de investidura e certifica que, tal e como adiantaron após a reunión de seguimento mantida co PSOE hai unhas semanas, a prórroga dos orzamentos non impide o cumprimento do acordo.
Néstor Rego e Carme da Silva (BNG) poñen en valor o acordo acadado durante a negociación da investidura: "forma parte do conxunto de actuacións urxentes que o Goberno do Estado debe levar a cabo na rede viaria galega"