BNG celebra o día da Patria galega cunha grande mobilización e convencido de acadar un resultado histórico nas Xerais 23X
Ás 12 horas comezará a celebración coa a manifestación nacional que partirá da Alameda de Santiago de Compostela e que rematará na Praza da Quintana onte terá lugar o acto organizado polo Bloque Nacionalista Galego coas intervencións do cabeza de lista por Lugo, Daniel Castro, Marta Gómez, Secretaria Xeral de Galiza Nova e a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.
Ao acto de celebración na Quintana asistirán diversas delegacións internacionais.
O BNG agarda para o 25 de xullo unha grande mobilización e celebrar un resultado histórico tras eleccións xerais.
Durante os días previos á celebración do día da Patria galega, o BNG desenvolverá unha campaña divulgativa en diferentes localidades para informar dos actos previstos para conmemorar a gran festa do 25 de Xullo, Día da Patria Galega.
A Secretaria de Organización, Lucia López Sobrado fai un chamamento a todos os galegos e galegas a participar na manifestación nacional e no acto público na Praza da Quintana para celebrar a vitalidade da nación galega e “o orgullo de seren galegos e galegas en pe de igualdade co resto dos pobos do mundo”, porque “Galiza existe e somos un país rico e con moita potencialidade” e só precisamos “crer en nós e nas nosas propias forzas como fai o BNG”.
Fronte aos discursos reaccionarios e centralistas, o BNG aposta por unha “Galiza viva, libre e con futuro” e por iso, o 25 de xullo imos demostrar toda esa potencialidade e celebrar con forza o día da nosa nación, o Día da Patria Galega.