BNG avoga por unha Lei de Artes Escénicas e un Plan director con medidas para a creación, produción e distribución
No Día Internacional do Teatro, o BNG amosa o seu apio ao sector e reclama medidas para combater a precariedade laboral agravada polas restricións da pandemia.
A deputada, Mercedes Queixas anuncia que o BNG comprométese a “traballar man a man co sector “para que por fin sexa posible unha “Lei de Artes Escénicas” acompañada dun “Plan director” que desenvolva medidas concretas dirixidas á creación, produción, programación e distribución e para fortalecer a “profesionalización, o desenvolvemento económico e a difusión social”. É preciso manter as estruturas das artes escénicas, sobre todo nun contexto de pandemia, e dende o BNG, afirma a nacionalista, seguiremos demandando do goberno galego “actuacións encamiñadas a paliar as graves consecuencias económicas da COVID-19 sobre o sector do teatro.
A lei de Artes Escénicas, explica Queixas , recollerá as demandas e achegas do sector co fin de elaborar un texto que dea resposta á grave situación de precariedade laboral dos distintos ámbitos do teatro fortemente golpeados pola pandemia.
Queixas lembra que a maior parte das persoas vinculadas aos diferentes ámbitos da actividade teatral son autónomas e a COVID conduciu ao sector a unha abrigada parálise. Neste sentido, o BNG demandou, a través de diversas iniciativas na Cámara galega, “un Plan de reactivación e impulso dos sectores culturais”.
Para a parlamentaria urxe recuperar o encontro co teatro e as artes escénicas así como apoiar as propostas que proveñan do sector.