O BNG asistirá á mobilización en Barcelona contra o terrorismo
25 de agosto de 2017 (17:52 h.)
Entre os acordos tomados hoxe pola Executiva nacional do BNG tamén figurou asistir á mobilización prevista mañá en Barcelona contra os recentes atentados. “ Dende o BNG queremos dicir non ao terrorismo e deixar claro que non temos medo. Todas e todos temos que estar con Catalunya onde como sociedade e goberno están a dar un exemplo de como se debe xestionar unha crise destas características. Parécenos moi importante enviar unha mensaxe contra o terrorismo e a necesidade de reforzar a convivencia, loitar contra o racismo e construír unha sociedade e pobos en paz”, e o BNG seguirá traballando sempre nesta liña.