Galegas 2020

O BNG aposta polo impulso dunha Axenda Urbana Galega que converta cidades e vilas de Galiza en referentes

Lugo
Olalla Rodil “O traballo do BNG en Lugo é o mellor exemplo das políticas que impulsaremos a partir do 12 de xullo desde a Xunta”

A candidata xunto aos compañeiros no Concello de Lugo deron un paseo pola Ronda da Muralla

 

A candidata polo BNG en Lugo, Olalla Rodil, estivo hoxe celebrando o Día Mundial do Medio Ambiente xunto as concelleiras e concelleiros do Concello de Lugo pola Ronda da Muralla. Neste paseo, visualizou o traballo que está a desenvolver o BNG na cidade de Lugo.

A crise sanitaria, social e económica provocada pola COVID-19 puxo en riba da mesa a necesidade de abrir novos modelos urbanos, no que desde o BNG queremos impulsar a creación dunha Axenda Urbana Galega 2030. Transformar as cidades e vilas do noso país formulando un novo deseño e planificación para acadar novas formas de mobilidade, fixando criterios humanos, sociais e ambientais por riba de calquera outro.

Este modelo defendido polo bloque ten como obxectivo central converter as cidades e vilas galegas en referentes de calidade de vida, benestar, inclusión social, equilibrio ambiental e dinamismo socioeconómico e cultural.

Olalla Rodil salientou “un modelo urbano que sitúe no centro as persoas e tamén o respecto ao medio ambiente como están a facer desde o goberno municipal as compañeiras e compañeiros do BNG en Lugo” ao que Rodil recalcou “porque os concellos nos que gobernamos son o mellor escaparate das políticas que impulsaremos a partir do 12 de xullo desde o goberno da Xunta”.

Neste sentido Rodil declarou a colación do Día Mundial do Medio Ambiente “as vilas e cidades deste país teñen moito que dicir contra a emerxencia climática”.