O BNG apoiou as concentracións en defensa dos servizos públicos como "único garante da igualdade"

Guillerme, facendo declaracións aos medios na concentración de Pontevedra

O BNG estivo presente nas concentracións convocadas nas cidades galegas en defensa dos servizos públicos e en contra dos recortes e dos despedimentos.

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, apoiou coa súa presenza a de Pontevedra. Alí dixo que “a defensa dos servizos públicos é a defensa dun modelo social que é xustamente o que está empeñado en destruír, en liquidar o PP”.

O líder nacionalista lembrou que os servizos públicos “son o único garante de igualdade no acceso a unha educación ou unha sanidade de calidade para todos e todas”. Por iso, Guillerme fixo un chamamento a todos os galegos e galegas para que se posicionen no que cualificou de “guerra de modelos” e defendan “o público, o que construímos entre todos e todas, fronte ao modelo do lucro e os privilexios que defende o PP”.