BNG apoia a Via Catalana

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, expresou o respaldo do BNG á Vía Catalana despregando no Congreso un cartaz co lema: "Tothom a la Via Catalana", xunto coas formacións políticas de CDC, ERC, PNV, e Amaiur.

De maneira gráfica, reclamaron que todo o mundo apoie a cadea humana pola independencia convocada pola Asamblea Nacional Catalana. Un acto que se vai celebrar o 11 de setembro, día da Diada.

Rosana Pérez participou así neste acto reivindicativo xunto a trece parlamentares do Congreso e do Senado.