O BNG apoia as mobilizacións contra a explotación mineira de Corcoesto

A tractorada prevista para o vindeiro domingo, 7 de abril e a manifestación do día 14 contar coa participación da dirección, cargos institucionais e militantes do Bloque nacionalista galego

A convocatoria dunha gran tractorada prevista o vindeiro 7 de abril e a manifestación do día 14, contra a explotación mineira de Corcoesto, contará coa presenza de significados membros da dirección, cargos institucionais e militancia do Bloque Nacionalista.

A tractorada, na que poderán participar todo tipo de vehículos, partirá de Cereo, Corcoesto, Ponteceso e Laxe ás 10 e 11 horas e rematará o seu percorrido cunha grande concentración diante da Casa do Concello en Cabana.

O BNG quer amosar o seu respaldo ás reivindicacións da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e invita a cidadanía galega a mostrar o seu rexeitamento a un proxecto que provocará graves consecuencias medioambientais económicas na zona.

O BNG provoca o debate da mina de Corcoesto nos parlamentos de Galiza, Estado e Europa

O Parlamento galego debateu unha Proposición non de lei por, iniciativa do BNG, relativa aos problemas derivados da explotación mineira a ceo aberto de Corcoesto, debate que constatou as irregularidades da Declaración de Impacto Ambiental ao resultar un plaxio do estudo de impacto elaborado pola empresa concesionaria do proxecto. Asemade, o Goberno galego tampouco obrigará a multinacional canadiana Edgerwater a constituír unha garantía financeira que asegure a cobertura diante de eventuais accidentes como recolle o Decreto 455/1996 de finanzas en materia ambiental.

O BNG lembra que foi o Partido popular quen tumbou naquela ocasión a iniciativa nacionalista a pesar de seren un proxecto que contempla un deposito de substancias e residuos moi perigosos situado a escasos 150 metros do esteiro do Anllóns.

Un proxecto mineiro contaminante apoiado polo Partido popular

O BNG ten manifestado o seu rexeitamento a estas explotacións a través de diversas iniciativas parlamentarias tanto no Parlamento de Galiza como no do Estado e mesmo no europeo. A aprobación dunha Lei de política industrial en Galiza, na Cámara galega que establece criase a figura dos proxectos industriais estratéxicos non pode, en opinión desta forza política, “dar vía libre” a un proxecto cun algo custe ambiental, coa extracción de 30.000 quilos de ouro, 6.000.000 de toneladas de residuos e unha vida activa de 20 anos que afectará de maneira moi prexudicial á contorna natural da mina.

O BNG reitera o seu chamamento á cidadanía galega a participaren nas mobilizacións contra o proxecto mineiro contaminante en Corcoesto.