O BNG apoia as demandas das traballadoras e traballadores de Xustiza e denuncia a prepotencia do PP
Luís Bará recrimina a cerrazón da Xunta que persiste en manter a discriminación salarial e laboral na Xustiza galega e pide a mediación do Consello Galego de Relacións laborais para negociar a saída que a Xunta bloquea
O parlamentario do BNG, Luís Bará reitera o apoio ás demandas dos traballadores e traballadoras da Xustiza no seu décimo día de folga e denuncia a “prepotencia e cerrazón da Xunta” que persiste en manter a “discriminación laboral, salarial e de dereitos deste colectivo”.
Bará responsabiliza ao director xeral de Función Pública, Xosé María Barreiro de entrar na negociación coa intención de “pechar portas” e desautorizar ao director xeral de Xustiza e ao propio Alfonso Rueda.
O nacionalista apela ao Consello Galego de Relacións Laborais para reconducir o conflito e mediar externamente para rematar “co bloqueo da Xunta” e na búsqueda dunha saída xusta para os traballadores e traballadoras da xustiza e tamén dunha situación que cualificou de “insostible”.
Dende o BNG, remarcou Bará “apoiamos as reivindicacións do persoal da xustiza” porque non se trata exclusivamente de melloras salariais, trátase de avanzar na mellora dun servizo público fundamental para unha sociedade máis xusta.