O BNG apoia as demandas da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria
O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas participou hoxe nunha xuntanza con membros da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria na que amosou o apoio do BNG ás demandas da entidade que dende o ano 2007 desenvolve unha intensa actividade para a recuperación das vítimas do franquismo e contra a “impunidade” da lei de amnistía.
Pola súa parte, Matías Rodríguez, representante de Iniciativa Galega polo memoria, que aglutina ao un centenar de colectivos, apelou ao “consenso” das forzas políticas para instar á Xunta a executar medidas de recuperación da memoria histórica. Neste sentido, denunciou que a Administración non está a aplicar políticas públicas e mesmo de recuperación de “lugares simbólicos” como a Illa de San Simón.
Nesta liña, o parlamentario Xosé luís Rivas lembrou que o BNG rexistrou diversas iniciativas no Parlamento galego para que a Illa de San Simón sexa un lugar de “recoñecemento e homenaxe das vítimas da represión franquista” e non utilizado para actividades de carácter lucrativo que oculten o que realmente aconteceu na illa durante o período franquista. É necesario, dixo, que se coñeza a verdade e se repare a memoria das vítimas polo que volveu a reiterar o apoio do BNG ás demandas da plataforma Iniciativa Galega pola Memoria.