O BNG apoia as concentracións convocadas por Stop Desafiuzamentos "Polo dereito á vivenda"
O BNG presta todo o seu apoio ás accións desenvolvidas dende esta entidade en defensa das persoas que son desafiuzadas e así o demostra coa súa presenza nas súas mobilizacións. Asemade, dende o Bloque, ademais da presenza na rúa, continuamos cun intenso traballo nas institucións reclamando unha solución legal urxente para o drama social que supoñen os desafiuzamentos.
Dende o BNG animamos tamén a todos os galegos e galegas a apoiar estas concentracións como o vén facendo o Bloque Nacionalista Galego. As citas de mañá son as seguintes:
A Coruña, ás 12.00 horas, na praza de Lugo.
Vigo, ás 18.00 horas no Marco.
Cangas, ás 20.00 horas na praza do Concello.
Ferrol, ás 12.00 horas, diante do edificio da delegación da Xunta.
Ourense, ás 18.00 horas na Alameda.
Lugo, ás 18.00 horas, na praza Maior.
Santiago de Compostela, ás 18.00 horas, na praza Roxa.