O BNG apoia ao alcalde de Boimorto e cualifica de "fraude electoral" a moción de censura

O portavoz nacional, Xavier Vence, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda asistirán ao pleno que se celebra mañá, venres 14 de agosto ás 12hs na Casa Consistorial de Boimorto

 Ante a celebración do pleno para tratar a moción de censura do PP co apoio dun edil socialista contra o alcalde do BNG, Xosé Luís Rivas, (Mini), o BNG amosa o seu apoio ao alcalde nacionalista e reitera que a moción de censura representa “unha fraude electoral” e contravén o pacto contra o transfuguismo.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartin e a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda asistirán mañá, venres 14 de agosto ao pleno que se celebrará na concello de Boimorto ás 12hs.

Para o portavoz nacional, a moción de censura iniciada polo PP vulnera a vontade dos veciños e veciñas que outorgaron a alcaldía a Xosé Luís Rivas, e converte a moción “nunha fraude electoral” e unha “burla premeditada e ilegal”.

O BNG reitera o apoio ao alcalde de Boimorto e como xa anunciara recentemente en rolda de prensa o seu portavoz, Xavier Vence, presentará un recurso contencioso administrativo de consumarse mañá a moción.

.