O BNG alerta do traslado de bens do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco e pide a Xunta que interveña
O deputado do BNG, Luís Bará alerta dunha operación de mudanza na que participarían entre corenta e cincuenta camións de transporte para o traslado de números bens,cadros, tapices e elementos da biblioteca de Pardo Bazán do Pazo de Meirás a propiedades da familia Franco.
Ante esta situación, o BNG solicita á Xunta que demande ante o xulgado medidas cautelares para garantir que non sexan trasladados bens que forman parte do patrimonio público así como a inmobilización de todos os bens de titularidade pública e froito do “espolio franquista”.
O deputado do BNG insta á Xunta a velar pola integridade e protección das esculturas do Mestre Mateo, declaradas bens de interese cultural que se atopan no Pazo de Meirás, e reclama a elaboración dun inventario de todos os bens do Pazo de Meirás relacionados coa súa condición BIC.
O deputado lembra que o vindeiro 10 de decembro debe ser executada a sentencia da devolución do Pazo de Meirás e polo tanto, a Xunta debe impedir que a familia Franco continúe coa mudanza de bens que pertencen ao patrimonio público galego.