O BNG afirma que a Presidenta da Cámara conculca o regulamento ao pechala aos cidadáns

O BNG oponse frontalmente ao anuncio feito hoxe pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, de eliminar os convidados/as de plenos. Está a conculcarse un dereito fundamental, o da participación da cidadanía nos asuntos públicos e o PP dá mostras de que estamos camiñando cara un secuestro da democracia. Semella que o seu modelo é o das cortes franquistas.

A presidenta conculca o regulamento da cámara que estabelece claramente que as sesións dos plenos son públicas.Queremos esixirlle á presidenta que recúe na súa decisión, que claramente vai contra o regulamento e contra os prinicipios democráticos.

Un parlamento pechado aos e ás cidadás é un sensentido que non ten precedentes nas tres décadas de existencia do Parlamento de Galiza.

O BNG agarda que a Presidenta reconsidere a súa posición e, se non é asi, defenderá polas vías legais e de protesta social o dereito das e dos cidadáns galegos a participar nos plenos do Parlamento de Galiza