BNG acusa á Xunta de beneficiar á patronal do xogo fronte á saúde pública
A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno sobre o apoio da Xunta ao sector do xogo, o parlamentario do BNG, Luís Bará afirmou que que nos últimos nove anos a Xunta tomou decisións para “favorecer os intereses do sector do xogo” sen ter en conta outras circunstancias. Dende o regulamento do ano 2012, explicou o nacionalista, creceron de maneira exponencial as autorizacións para salas de xogos, casas de apostas e máquinas de apostas deportivas. Sobre estas máquinas e o xogo on line, curiosamente o propio presidente da patronal alertou da súa incidencia no colectivo adolescente, ironizou o parlamentario do BNG.
Na súa intervención tamén aludiu ao investigador en adiccións adolescentes, Antonio Rial Boubeta quen afirma que a máis práctica deportiva menos adición ás drogas e ao alcol pero máis adicións ás apostas deportivas, polo tanto, hai unha relación directa que debe prender as alarmas e sobre todo dende que vostedes “abriron barra libre” para instalación deste tipo de máquinas de apostas chegando a un total de 3.600.
PP modifica a lei para beneficiar os intereses do Casino da Toxa
Neste sentido, afirmou que a Xunta “fixo a oportuna modificación legal” para beneficiar os intereses do Casino da Toxa permitindo abrir as súas instalacións en Vigo, instalacións avaladas, dixo mesmo coa presenza do vicepresidente, Alfonso Rueda na presentación do novo centro. “Hai un trato de favor descarado ás empresas do sector do xogo”, reiterou o deputado e pediu ao goberno galego “firmeza e neutralidade” priorizando os factores sociais e de saúde pública para “poñer coto e non ceder ás presións da patronal do xogo”.
Na súa intervención reiterou que “non existe un control das máquinas B e de apostas” e tampouco se respecta a distancia de 300 metros dos centros de xogo polo que preguntou se esta distancia tamén afecta a establecementos de hostalaría que acollen no seu interior máquinas B e de apostas.
Bará sinalou que ao lado dos institutos “hai centros de xogo” aos que pode acceder “a rapazada” sen control, circunstancia denunciada de maneira reiterada polo o profesorado e asociacións de veciños. Nesta liña, dixo, hai “unha lagoa” no texto legal á que sumou o movemento económico xerado no sector do xogo que non se corresponde coa fiscalidade desa riqueza e preguntou se o goberno prevé algunha modificación neste ámbito.