BNG acusa a Mobilidade de amparar as “irregularidades” das concesionarias do transporte público
O portavoz de mobilidade do BNG, Paulo Ríos, acusou á conselleira , Ethel Vázquez de ser a “máxima responsable” de todas as irregularidades cometidas polas empresas beneficiarias do servizo do transporte público galego. O parlamentario cualificou de “chanchullos” da consellería, as irregularidades denunciadas e de non asumir os expedientes sancionadores do TSXG ao que sumou a apertura de “dilixencias previas” por indicios de “prevaricación administrativa” do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestre.
Paulo Ríos lembrou que en diferentes ocasións, o BNG trouxo á Cámara galega as denuncias das persoas usuarias sobre un “deficiente” transporte público e sobre as que a consellería nunca quixo ter en conta porque no fondo, dixo, está máis preocupada polos números que pola calidade do transporte e por esa razón “ampara” as irregularidades das empresas beneficiadas co servizo público.
Para a deputado, é “un escándalo” o incumprimento dos contratos de ofertas presentadas aínda que a conselleira persista en defender “os números”. A consellería, recalcou Paulo Ríos, négase a entregarnos a documentación relativa á quilometraxe mínima a executar, a idade máxima dos vehículo, os certificados ambientais, condicións dos vehículos, horarios e itinerarios ou matriculas e lotes.
O verdadeiramente triste, afirmou o nacionalista, é que a Xunta “coñece todas estas circunstancias” pero unha vez máis, tivo que ser a Xustiza a que lle dá a razón ao BNG. Nesta liña, sinalou a sentenza do TSXG polo reparto do mercado en Monbus e Alsa, “punta do iceberg” das irregularidades e dos incumprimentos no sistema de transporte público galego.
A Xunta de Galiza, recalou, “é a titular do servizo que destina 120 millóns de euros cada ano nas concesións de transporte” pero unha vez máis, a consellería que dirixe Ethel Vázquez á hora de seren interpelada, “non ten nada que dicir” e xustificase afirmando que, “ son cuestións entre empresas”.
A xuízo do parlamentario, o que está acontecendo co transporte público en Galiza, é “un atropelo á sociedade galega, ao estado de dereito e á propia democracia”. A vostedes moléstalles cando lles dicimos que “gobernan para os seus amigos”, pero que queren que pensemos cando pechan os ollos e permiten por acción e por omisión chanchullos das empresas amigas do PP, a costa dos cartos públicos?
A última sentenza do TSXG non é o único “varapau xudicial” ao seu modelo de “conivencia e regalías ás grandes empresas”, e a xustiza ven de requirirlle a información que vostedes non queren dar en termos de vehículos adscritos, lotes e sancións pero a entrega desta documentación, derivou na apertura de dilixencias previas por indicios de “prevaricación administrativa” por parte do seu Director Xeral o señor Ignacio Maestre.
Se temos como obxectivo o fomento dun transporte público de calidade, é fundamental rematar coa política de “amiguismo” e poñer os servizos e cartos públicos ao servizo do pobo galego e non das empresas amigas do Partido Popular. “Se vostedes non o fan, moito me temo que o farán a Xustiza e as urnas máis cedo que tarde”, vaticinou o deputado do BNG.
Tras a intervención da titular de Mobilidade, Ethel Vázquez que negou irregularidades no servizo do transporte público porque cumpre coas previsión e orzamento , o nacionalista replicou que á conselleira só lle preocupan os números pero non o control, inspeccións e calidade do transporte público en Galiza.