parlamento galego

BNG acusa ao PP de levar a vivenda protexida á desaparición e demanda políticas de vivenda “ambiciosas” para achegarnos á media europea

Alexandra Fernández

Alexandra Fernández afirma que foron construídas  22 vivendas de promoción pública, en 8 anos,  cando hai 16.000 persoas solicitantes e cuestionou  o anuncio do PP sobre a construción de 1.800 vivenda

O PP vota en contra de revelar o seu propio Plan para construír 1.800 vivendas públicas

 

A  deputada do BNG, Alexandra Fernández defendeu un “parque público de vivenda digna en Galiza” a través dunha moción na que que tamén exixiu ao goberno que faga pública a estratexia de vivenda pública, os datos das vivendas construídas e vendidas nos últimos anos e os  compromisos concretos nesta materia.

A deputada nacionalista, acusou ao goberno do PP “de levar a vivenda protexida á desaparición” e lembrou que só 22 persoas optaron á vivenda pública cando 16.000 solicitantes permanecen a espera.

Por outro lado, cuestionou o anunciou do presidente da Xunta sobre a construción de 1.800 vivendas até o 2026 cando nos últimos anos só crearon 22. “Abandonen a propaganda electoral” e comprométanse a construír un “parque público de vivenda digna no noso país”, reiterou.

O PP vota en contra de revelar o seu Plan para construír 1.800 vivendas

Tras a intervención da portavoz popular  Begoña Freire que anunciou o voto en contra do PP á proposta nacionalista, Alexandra Fernández recalcou que o “Partido Popular vota en contra de revelar o seu propio plan para construír 1.800 vivendas” públicas, porque  “detrás da propaganda non hai absolutamente nada”. O PP que hoxe vota en contra de facer público o plan e despois de prometer 1.800 vivendas públicas para o 2026 “non asume ningún compromiso para esta lexislatura”. Así poden axitar o anuncio en eleccións, e se gañan volve directamente para o caixón e se perden, tampouco renderán contas.

A xuízo da deputada, o  voto do PP en contra  de explicar cantas vivendas van facer en cada anualidade, confirma “as sospeitas” de que o anuncio é “un engano electoral” porque aprobaron un Plan de vivenda para o período 2021-2025 sen concrecións, e tardaron 2 anos, xusto ás portas dunhas eleccións, para  decidir e anunciar o número de vivendas públicas que queren desenvolver con ese plan. Que fixeron nestes dous anos? preguntou a nacionalista.

Na súa intervención, Fernández tamén preguntou  se alguén  pode crer que o goberno galego teña a  vontade de facer 1.800 vivendas ao abeiro do plan 2021-2025, se o ano pasado fixo  8 vivendas públicas e no 2021 ningunha.

Por outra banda, lembrou que cando tivo  que render contas do anterior Plan de Vivenda, o goberno presentou un documento afirmando que  lograron  908 vivendas de promoción pública prometidas, pero “era mentira” porque en realidade estaban contabilizando cambios de inquilinos de vivendas que xa existían, porque dicir que fixeran só  14 vivendas públicas resultaba  “demasiado bochornoso”.

A deputada do BNG recalcou que é imposible construír 1.800 vivendas se non hai orzamento e se non se executa e lembrou que  no ano 2021 tiñan ornamentada unha partida para a construción de VPP con apenas 7,75 M€ dos que foron executados 4 M€,  no  ano 2022 ornamentaron 6 M€ e executaron 3M€. “Alguén se pode crer que con este ritmo de investimento vostedes van ter 1.800 vivendas públicas en 2 anos e medio?”, inquiriu.

Na súa intervención, tamén cuestionou o modelo de vivienda protexida en réxime de compra e puxo como exemplo a cidade de Vigo donde  das 1.600 vivendas que hai anunciadas apenas 80 serán  de promoción pública, e despois de que o BNG trouxera ao Parlamento este asunto,  subiron a promesa a 200, pero segue a ser unha proporción moi pequena, só  200 de 1.600. “Apenas o 12% da promoción será pública, cando no Rexistro de demandantes de vivenda o 80% pide vivenda pública”.

Finalmente, a nacionalista, demandou “políticas de vivienda ambiciosas” e marcou como horizonte inmediato acadar “o 5% de vivienda pública” e incrementar, pouco a pouco, esta cifra ate a media europea do 24% como no caso de Escocia.