BNG acusa ao goberno galego de “falta de transparencia” na tramitación de futuros parques eólicos mariños"
A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez preguntou ao Goberno galego polas previsións e avaliación do asentamento de parques eólicos mariños e as consecuencias na actividade pesqueira. Para a deputada, a Xunta continua mantendo “unha posición escurantista” e ocultando os pasos dados até o momento.
Na súa intervención, a nacionalista lembrou que o PP e PSOE acadaron un acordo no Parlamento galego que rachou “co consenso político” acadado no ano 2009. PP e Grupo Socialista PSdG acordaron: promover e dinamizar o sector da eólica mariña offs ore, analizar o asentamento de parques garantindo o respecto e compatibilidade coas actividade pesqueiras e a preservación do medio mariño, e constituír o Observatorio da Eólica Mariña. Chama moito atención, indicou a nacionalista que recen aprobado este acordo e unha semana despois, “Iberdrola solicita o alcance ambiental de 2 parques eólicos mariños en Galiza”.
Tras a resposta de directora xeral de Enerxía, Paula Uría, a nacionalista acusou ao goberno de “falta de transparencia” e afirmou que o goberno, unha vez máis “comezou a casa polo tellado”, xa que sen a probación do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo non pode elaborase a declaración de impacto.
O prazo de achegas ao POEM, explicou rematou o 25.06.212 e o BNG trasladou ás súas consideración ao Ministerio resaltando: a “singularidade de Galiza no ámbito pesqueiro” e polo tanto “dunha avaliación específica” porque o sector pesqueiro e marisqueiro galego non é comparable a ningún outro do territorio. Asemade, dende o BNG, defendemos, a necesidade de “declarar o litoral galego como espazo non apto para a instalación de parques eólicos mariños”, atendendo ao impacto que terían, tanto nas áreas delimitadas polos aeroxeneradores como nos fondos mariños afectados polo trazado do cableado até a costa e a servidume de protección.
Rosana Pérez subliñou que as instalacións eólicas mariñas supoñen “unha alarma” para a seguridade marítima ao incluír plataformas físicas nunha costa que soporta un intenso tráfico comercial ao que sumou os condicionantes climáticos específicos da costa galega. A maiores, engadiu, os parques eólicos tamén coliden coa actividade acuícola de Galiza para a cría, cultivo ou recollida de peixes, crustáceos, moluscos ou algas e todo o relacionado coa produción de mexillón, a ostricultura e o marisqueo a frote e a pé.
Parques de Iberdrola
Sobre o proxecto de Iberdrola, a nacionalista explicou que os dous parques contan con 490 Mw cada un e as súas liñas de evacuación e subestación en terra. Un na Mariña e outro no Ortegal (fronte ás costas de Cariño), que comprenden 40 e 35 millas respectivamente (case 80 km. nun caso e 70 no outro, sen contar aquí as servidumes que acarrearían).
A Xunta segue sen dar a coñecer a súa posición
A día de hoxe, dixo a deputada, descoñecemos o seu posicionamento sobre o proxecto de RD polo que se aproban os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM). Tampouco temos información da avaliación e consideracións no trámite de información pública sobre os proxectos de Iberdrola na costa galega, nin da Folla de Ruta para o Desenvolvemento da Eólica Mariña en España ou as deliberacións e acordos, se os hai, do “Observatorio da Eólica Mariña creado en Galiza”.
Rosana Pérez anunciou que o BNG seguirá rexistrando iniciativas ao fin de defender a costa galega e a actividade pesqueira e marisqueira ameazada pola instalación de parques eólicos mariños.