BNG acusa ao goberno do PP de carecer de política industrial e ao Presidente Rueda de “seguidismo de Stellantis” para confrontar co Goberno central
Carmela González advertiu que a Xunta deixa atrás a Galiza na transición do coche de combustible ao coche eléctrico e non aposta por dunha fábrica de baterías para apuntalar o sector da automoción na área de Vigo
Reproba o silencio de Alfonso Rueda ante a decisión de Stellantis de trasladar a Zaragoza a súa planta de baterías
A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Carmela González acusou á Xunta do PP de “carecer de política industrial” e ao presidente Rueda de facer “seguidismo de Stellantir para continuar o seu confronto co Goberno central”.
Por outra banda, advertiu que a xestión do Goberno galego no ámbito industrial “deixa atrás a Galiza” no paso do coche de combustible ao coche eléctrico como demostra a súa falta de interese para defender a implantación dunha fábrica de baterías tan necesaria para apuntalar o sector da automoción. Neste sentido, reprochou o silencio de Alfonso Rueda tras a decisión de Stellantis para trasladar a Zaragoza a súa planta de baterías.
Carmela González lembrou que o clúster da automoción galega (CEAGA) aglutina 200 empresas e xera máis de 23.000 empregos,que supón preto do 14% do emprego industrial e 15% do PIB galego. A súa facturación no ano 2022 ascendeu a 22.550M€ e as exportacións do sector equivalen ao 27,5% do total do país.
A falta de aposta de Stellantis pola factoría de Vigo estase evidenciando cos continuos anuncios de inversións noutras plantas da compañía e evitando comprometerse en serio coa planta viguesa como evidencia a falta de concreción na posta en marcha da nova plataforma eléctrica, concretamente da denominada plataforma STLA Small, e a decisión de trasladar a Zaragoza a súa planta de baterías.
Unha vez máis, recalcou a nacionalista, “Galiza queda fóra de calquera posibilidade de contar cunha fábrica de baterías”, unha instalación fundamental preto da planta de fabricación de coches para a viabilidade da súa produción automóbiles e o futuro das empresas auxiliares.
A deputada preguntou ao secretario Xeral de Industria, Nicolás Vázquez se o Goberno galego aposta pola instalación dunha fábrica de baterías en Galiza xa que ao xuízo as xestión do presindente Rueda, o ex-conselleiro Conde e actual conselleira Lourenzana foron “escasas e insuficientes” e sempre baixo as directrices de Stellantis.
Carmela González demandou impulsar “o Plan Galego pola Automoción” e preguntou polas previsión da Xunta para convocar para a súa elaboración aos axentes implicados e organización sindicais.
O pasado 17 de outubro, en Zaragoza, explicou a deputada viguesa, o ministro en funcións Hector Gómez avanzou que en 2024 a liña de axudas asdenderán a 1.200M€ e o Goberno Galego debe asegurar a inversión necesaria para a implantación duna fábrica de baterías na área de Vigo que permita apuntalar o futuro a medio prazo da planta de Stellantis e da industria auxiliar da area de Vigo.
“Urxe poñer en marcha xa un Plan Galego para a Automoción que garanta os máis de 23.000 empregos director e incrementalos, nun contexto no que a cidade de Vigo perdeu 6.100 empregos industriais desde o ano 2009”.
A deputada lamentou, que unha vez máis, o secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez evitara comprometerse sobre a instalación da fabrica de baterías na área de Vigo.