BNG acada a unanimidade do Parlamento galego para impulsar o Fondo de compensación á vítimas do amianto, en tramite no Congreso
A través dunha Proposición non de lei defendida polo deputado, Mon Fernández, o BNG acadou un “acordo unánime” para impulsar o Fondo de compensación á vítimas do amianto, na actualidade, en tramitación no Congreso dos deputados e deputadas polo que “o Parlamento galego acorda como resolución, instar ao Congreso dos deputados e deputadas a que respecte o espírito da proposta remitida polo Parlamento vasco e que a norma que finalmente resulte aprobada non desvirtúe o texto inicial, procurando o máximo consenso posíbel co fin de lograr a pronta reparación das vítimas e das súas familias”.
O parlamentario celebrou o acordo polo que o Parlamento galego formula un pronunciamento unánime a favor da creación do Fondo que ao seu xuízo debe contar con dotación económica e presencia das asociacións de vítimas
O deputado aludiu ás emendas presentadas polo BNG co fin de: garantir a presenza das asociacións de vítimas e da Comunidade científica no Consello Reitor do Fondo, así como nas unidades autonómicas que se encarguen de facer o seu seguimento e funcionamento, elaborar un baremo específico para cuantificar as indemnizacións, desvinculándose do utilizado actualmente dos accidentes de tráfico, garantir que aceptar a indemnización proposta polo Fondo e renunciar á vía xudicial coa percepción do recargo nas prestacións que obterían por sentenza xudicial e garantir os dereitos dos herdeiros e herdeiras legais a obter tamén unha xusta reparación.
Na súa intervención o nacionalista lembrou que, o pasado día 28 de xaneiro foi debatida unha proposición do BNG sobre o Fondo de compensación para as vítimas do amianto demandando un pronunciamento do Parlamento galego para desbloquear a tramitación da lei no Congreso dos deputados, un trámite paralizado dende o 13 de abril do 2021.
“Cando se deu o debate da nosa iniciativa o o 28 de xaneiro existía un acordo entre PSOE con Bildu para dotar o fondo con 25 millóns de euros. Un acordo producido no marco das discusións das emendas aos orzamentos do estado. Nese momento, dixo, “a dotación era motivo de optimismo” e indicaba que estaba próximo o acordo.
A tramitación lexislativa no Congreso, explicou, finalizou o prazo de emendas e o BNG trasladou as súas coa intención de mellorar o texto “en estreita colaboración coa asociación galega de vítimas do amianto AGAVIDA”, mentres que o Partido popular recomendaba reducir o grao de autonomía do Fondo e a súa financiación, eliminando as achegas das Mutuas, o que en opinión do deputado do BNG, provocaría un “peor funcionamento do Fondo, máis lento, e unha menor capacidade económica que pode afectar ás indemnizacións”.
Por outro lado, engadiu, o PSOE ao igual que o PP defendía a eliminación da participación das Mutuas na financiación do Fondo, e ademais propoñen deixar para un posterior desenvolvemento regulamentario a maioría das cuestións relativas ao funcionamento do Fondo.
O parlamentario cuestionou a redacción proposta para o artigo 2 do Fondo, onde se define quen pode ser beneficiario ou beneficiaria. Esta emenda máis que unha emenda parcial significa unha auténtica” emenda á totalidade” xa que convirte o Fondo e papel mollado.
Esta, recalcou o parlamentario nacionalista “non é unha valoración do BNG” senón o contido dunha nota de prensa emitida conxuntamente por CC.OO, UGT e a Federación de asociacións de vítimas, que cualificaban o documento do grupo socialista “de ataque frontal” ao propio Fondo xa que excluía ás persoas traballadoras con danos derivados de exposicións laborais, limitándoo ás exposicións ambientais e familiares, mais sempre e cando teñan recoñecida unha discapacidade permanente dun mínimo do 33% e non teñan dereito a unha pensión ou prestación.
É dicir, “practicamente ninguén tería dereito a cobrar do Fondo”, remarcou.
Mon Fernández afirmou que a constitución deste Fondo é “unha débeda coas vítimas” que debería estar saldada, igual que en outros países europeos e resulta “lamentable” que a día de hoxe continuemos discutindo a súa pertinencia, concluíu.