BNG acada o compromiso da Xunta para interceder ante a Área de Turismo da Deputación de Lugo co fin de recuperar o topónimo Doade para o embarcadoiro monfortino
A través dunha pregunta parlamentaria formulada pola deputada nacionalista, Carme Aira, o BNG acadou o compromiso da Xunta para interceder ante a Área da Deputación de Lugo co fin de recuperar o topónimo Doade para o embarcadoiro na zona monfortina.
Carme Aira explicou que a parroquia bañada polo río Sil, ubicada na zona monfortina conta cun embarcadoiro da Deputación de Lugo do que parten os paseos en catamarán e dende que comezou a súa actividade nos anos 90 o embarcadoiro foi denominado como Embarcadoiro Doade e o de enfronte, no lado ourensán, Embarcadoiro Abeleda.
Ambos nomes están referidos aos lugares nos que están situados pero no embarcadoiro monfortino a presenza dun establecemento baixo o nome Ponte do Sil provocou que o embarcadoiro de Doade fora denominado tamén Embarcadoiro Ponte do Sil.
Esta circunstancia, sinalou a deputada, levou a un gran número de turistas coa intención de facer a ruta en catamarán a acabar en Ponte do Sil do concello de Ribas do Sil e non no embarcadoiro do río producindo unha afectación do turismo na zona sendo este un dos sectores que mantén emprego na Ribeira Sacra
No momento de entrar no explorador co nome de Embarcadoiro Ponte do Sil, nas 2 primeiras entradas aparece referenciado pero sen sinalar a parroquia sen embargo, nas dúas seguintes referidas a un páxina de facebook co nome ORENSE, aparece o embarcadoiro na parroquia de Doade no concello de Monforte.
A deputada considerou que oficialmente o “nomenclátor galego recolle” esta parroquia no concello de Sober pero na práctica tamén o territorio que pertence historicamente a Monforte forma parte desta parroquia, e os seus habitantes así o senten e ao seu xuízo, a Xunta non pode permitir negar este feito.
Para estes habitantes, engadiu Carme Aira, “non é unha cuestión menor e precisan ter claro quen ten as competencias sobre a nosa toponimia e o seu exercicio” e advirten que en ningún caso van a consentir que sexa borrada.
Por outra parte, lembrou que a organización parroquial galega é secular e transcende o relixioso e o político, e identifica o noso territorio dun xeito administrativo e social, a Ribeira Sacra nese termo denomínase a Ribeira de Doade... e iso non admite dúbida algunha.
Ademais, é necesario impulsar o sector do turismo como motor e sostén da nosa economía así como facilitar a fixación da poboación nova nesta zona, polo que dende o BNG, afirmou, demandamos “respecto institucional á poboación e isto inclúe o respecto á súa toponimia”
É competencia e responsabilidade da Xunta de Galiza respectar a toponimia galega polo que volveu a preguntar que accións iniciará o goberno para garantir que “a parroquia de Doade siga identificándose co topónimo de Doade con todos os seus lugares sen risco de que no futuro acabe perdéndose ese nome nese lugar concreto”.
Tras a intervención da deputada do BNG, o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, tras destacar o valor do topónimo, comprometeuse a mediar coa Área de Turismo da Deputación de Lugo para recuperar a denominación Doade, unha demanda que conta co total apoio dos habitantes da zona e considerou que para a secretaria de Política Lingüística sería “valida” a denominación do Embarcadoiro de Doade”. Valentín García recalcou que a Xunta sempre defende os topónimos de referencia tradicional da zona e ese, remarcou, “é o noso criterio”.