BNG acada o apoio do Parlamento para que a Xunta declare Ben de Interese Cultural (BIC) os bens mobles de Meirás
BNG acada un acordo no Parlamento galego para declarar BIC os bens mobles de Meirás e impedir o espolio de más de 600 bens, incluídos os pertencentes a Emilia Pardo Bazán.
O nacionalista lembrou que se o Estado non presenta mañá xoves un recurso contra o último auto da Audiencia Provincial, podería comezar o “desvalixamento” dos bens do pazo por parte dos herdeiros da familia Franco, de aí a urxencia de “incoar a declaración BIC de todos os bens que se consideran imprescindibles para contar a súa historia”. Ademais, deben ser aplicadas as medidas cautelares necesarias para protexer todos os bens de titularidade pública e os trasladados a Meirás como consecuencia do espolio sistemático perpetrado polo ditador.
O acordo acadado no Parlamento galego a iniciativa do BNG compromete á Xunta a incoar de maneira urxente o procedemento para incluír no BIC Torres de Meirás os bens mobles que pola súa vinculación co inmoble forman parte inseparábel del, e a aplicación provisional a estes bens mobles do réxime de protección previsto para os bens de interese cultural. Actuar como parte coadxuvante nos procedementos xudiciais que se interpoñan pola administración xeral do Estado e adoptar todas as medidas previstas na lexislación, incluídas medidas cautelares e urxentes, para garantir a unidade e integridade dos bens mobles que forman parte do BIC Torres de Meirás e para impedir un novo saqueo dos bens resultantes do espolio franquista. E, neste sentido, advertir á familia Franco da imposibilidade de sacar de Meirás todos aqueles bens que non sexan os obxectos e utensilios de uso estritamente persoal e privado.
O BNG, que se felicita por este acordo acadado hoxe no Parlamento galego, non descarta, no caso de non ser suficiente esta vía para evitar o espolio, emprender outro tipo de accións, como por exemplo organizar un retén nas inmediacións do Pazo de Meirás para vixiar que non se produza o traslado de ningún ben moble do pazo.
Levar a cabo as accións pertinentes para que os bens cunha declaración específica de BIC, as Estatuas do Mestre Mateo e a Biblioteca de Emilia Pardo, se manteñan en Galicia, en resposta ao sentir xeneralizado da sociedade galega.