O BNG acada o acordo para que a Xunta estudie liñas de axudas polos danos das chuvias na Limia

A deputada do BNG, Tereixa Paz defendeu unha proposición non de lei para avaliar os danos ocasionados polas choivas que provocaron grandes perdas na actividade agraria e abrir unha liña de axudas

A proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Tereixa Paz, destinada a establecer unha liña de axudas para paliar o impacto económico provocado polas chuvias na Comarca da Limia prosperou por unanimidade na comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento galego.

Texto aprobado por unanimidade: “ O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a realizar unha avaliación da situación na Comarca da Limia derivada das precipitacións acumuladas durante a primavera do ano 2016, así como o seu impacto en forma de posibles perdas na actividade agraria, singularmente na produción de cereal e pataca, e que en consecuencia:

1.-Se constaten as explotacións existentes na zona afectada, o nivel de aseguramento das mesmas en canto aos cultivos afectados polas precipitacións, os danos producidos nos mesmos e que non están cubertos polas pólizas, e se estude a forma de establecer unha liña de axudas segundo a lexislación vixente.

2.-Se solicite ao MAGRAMA a minoración na presión fiscal para os agricultores dos concellos afectados, mediante a redución dos Índices do Rendemento Neto no réxime de estimación obxectiva do IRPF para el período impositivo 2016, aplicables ás actividades agrarias que se comprobe que sufriran fortes descensos nos seus rendementos por estas causas extraordinarias”.