O BNG acada un acordo para mellorar o ensino do galego no Bierzo

Acordo parlamentario á inciativa do BNG

A Proposición non de lei defendida pola deputada, Ana Pontón contou coa unanimidade da Comisión de Educación

 Tras o acordo acadado na Comisión de Educación na que por unanimidade prosperou a Proposición non de lei defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón, o Parlamento galego, instará á Xunta de Galiza a avanzar no proceso de dialogo coa Junta de Castilla y León a fin de potenciar o ensino en lingua galega de xeito que se implementen medidas que apoien e melloren a oferta de lingua galega, sen discriminación con outras materias, en todos os tramos do sistema educativa, singularmente no horario lectivo do bacharelato.

A deputada agradeceu aos grupos parlamentarios o apoio á proposta nacionalista e anunciou que o BNG agarda que o dialogo coa Junta de Castilla y León para potenciar o ensino da lingua galega no Bierzo conte con medidas concretas e programas de promoción e difusión da lingua galega con “estabilidade” e apoio institucional.