O Bloque traslada os parabéns aos traballadores e traballadoras de Povisa
As deputadas do BNG Monste Prado e Carme Adán expresaron os parabéns aos traballadores e traballadoras de Povisa tras coñecer a resolución xudicial que anula a pretensión da empresa de aplicar unilateralmente o convenio provincial. Critican ademais a complicidade da Xunta, que nin se prestou a mediar no conflito.
É unha boa noticia o triunfo da loita dos traballadores e traballadoras, que se enfrontaron as pretensións abusivas da empresa de rebaixar drasticamente as condicións laborais, subliñou Monste Prado, quen ademais animou a seguir loitando contra unha reforma laboral inxusta e infame que degrada os dereitos dos traballadores.
A deputada nacionalista considerou ademais que neste conflito quedou demostrada a complicidade da Xunta e que lle importa ben pouco a calidade da asistencia sanitaria das preto de 150.000 persoas que teñen asignado este centro hospitalario como centro de referencia.
Segundo denunciou Prado, a Xunta, e en concreto a Consellería de Sanidade, amosou que non lle importa a sanidade pública nin os dereitos laborais senón defender os intereses das empresas.