Aymerich: "Os orzamentos van saír da Cámara, tal e como o Goberno os introduciu"

O "rodillo da maioría parlamentaria do PP" impide que as emendas do BNG prosperen.

O deputado do BNG criticou a aprobación dunha emenda, transacionada entre PP e PSdeG, para recadar 8 millóns de euros a través do Imposto sobre o patrimonio  e foran rexetiadas outras do BNG para gravar ás grandes superficies comerciais e aos que máis teñen

.

O debate dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2013, “saen da Cámara igual que entraron, tal e como foron presentados polo Goberno de Feijoo”, afirmou Carlos Aymerich, portavoz do BNG de Facenda e Orzamentos.

No transcurso da súa intervención no debate do Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais Da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2013, Aymerich confirmou que o BNG mantén as emendas presentadas, a pesar de que “rodillo da maioría absoluta” do Partido popular na Cámara impedirá que prosperen.

Orzamentos que agravan a crise

O debate dos orzamentos, tras pasar por comisión, ponencia e novamente en comisión, “no serviu para nada”,dixo, porque só foron aceptadas emendas de carácter menor, entre elas unha que supón “recadar escasamente 8 millóns de euros”.

O parlamentario do BNG tamén reiterou a necesidade de mudar a xestión tributaria introducindo medidas sobre o tramo autonómico do IRPF ou novas figuras impositivas como un novo imposto sobre superficies comerciais para que “pague máis quen máis gaña” e non sobrecargar con impostos directos aos traballadores, autónomos, consumidores, pequenas empresas e pequeno comercio.

Neste sentido, para o deputado nacionalista, o PP non amosou en ningún momento “intención algunha” de recoller as demandas dos sectores que reivindican na rúa “un cambio de política” contra os recortes.

A cidadanía galega reclama na rúa medidas contra o paro e os recortes

“Máis de 30.000 persoas do sector naval, empregados e empregadas públicos, afectados polos recortes da sanidade e a educación” pediron introducir melloras nos orzamentos pero unha vez máis, manifestou, Núñez Feijoo e o Partido popular fan “ouvidos xordos” a estas demandas.

O nacionalista mantivo as emendas do BNG destinadas a defender “un emprego público e de calidade” o dereito dos empregados públicos á negociación colectiva, respectar os acordos adoptados nas mesas sectoriais e rexeitar a rebaixa “inxusta e unilateral” decretada por Núñez Feijoo do 40% das pagas extraordinarias de xuño e decembro. Sobre esta cuestión preguntou se o PP ten previsto seguir reducindo o salario dos empregad@s públicos no ano 2014.

Por outra parte, na súa intervención, o deputado tamén aludiu ao redución presupostaría das universidades que cifrou en máis de 20 millóns de euros, da igual, dixo, que as universidades estean ben xestionadas ou produzan débedas, “vostedes seguen afogándoas” para que acaben pedindo un resgate e desa maneira eliminar definitivamente a universidade pública galega.

Finalmente, Aymerich denunciou que os galegos e galegas pagamos máis polas autoestradas e co sistema de financiamento público-privado do Hospital de Vigo.