Aymerich acusa ao PP de facer negocio cos afectados polas preferentes
O deputa
O parlamentario explica que o Goberno galego, en sintonía coa dirección de nova Galicia Banco, está a promover a arbitraxe de consumo como vía de solución do conflito das preferentes a través da empresa privada, EULEN que dirixe a irmá do Presidente da Xunta.
Aymerich asegura que a devandita empresa foi beneficiada cunha adxudicación , directamente e sen publicidade, para a atención telefónica dos afectados da fraude das preferentes por un total de 85.000 euros.
Por outra parte, o parlamentario tamén quer coñecer as previsións da Xunta sobre a efectividade da vía de arbitraxe na resolución do 100% dos casos da fraude das preferentes ou se apenas será recoñecida unha pequena porcentaxe, entre o 10% e o 15%, como aseguraba recentemente o presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano.