Augas de Galicia reparte discrecionalmente o orzamento para beneficiar a concellos do PP
- O deputado Luís Bará formula preguntas parlamentarias para pedir explicacións ao goberno galego polo uso partidista dos fondos públicos
O DOG num 209 do 3 de novembro de 2016 publica os convenios de colaboración subscritos pola entidade pública Augas de Galiza con concellos galegos. Segundo estes datos, asináronse 66 convenios entre o 13.6 e o 31.8.16. Resulta chamativo que destes 66 convenios, 57 foron asinados con concellos gobernados polo PP. Entre estes cabe salientar pola súa contía os asinados coa Laracha (2.000.000), O Boqueixón (1.000.000), Cotobade 1.850.000), Arteixo (1.000.000), Foz (8.000.000), ou Pontedeume (4.300.000)
Da información publicada dedúcese que Augas de Galiza actúa dunha maneira escurantista, partidista e arbitraria na distribución dos seus fondos, favorecendo a concellos gobernados polo PP e discriminando concellos doutros signos políticos.
Chama ademais a atención o feito de que estes convenios se asinaran en datas próximas a convocatorias electorais xerais e autonómicas.
O grupo parlamentar do BNG presentou diversas iniciativas parlamentarias en forma de preguntas en comisión e no pleno e interpelación no pleno, denunciando a situación e pedindo explicacións ao goberno.
- Como valora a Xunta de Galiza os convenios asinados polo ente Augas de Galiza e concellos galegos no segundo cuadrimestre de 2016? Que criterios se seguen para elixir os concellos beneficiarios destas axudas públicas.
- Por que a maioría dos concellos beneficiarios están gobernados polo PP?
- Por que non hai ningún concello gobernado polo BNG e por outras forzas políticas entre os beneficiarios?
XÚNTASE RELACIÓN DE CONVENIOS ASINADOS CON CANTIDADES E BENEFICIARIOS. A SEGUIR OS DE MÁIS DE 200.000 EUROS
- Foz (PP): 8.000.000
- Pontedeume (pp): 4.300.000
- A Laracha (PP) 2.000.000
- Cotobade (PP) 1.850.000
- Betanzos (psoe) 1.000.000
- O Boqueixón (PP) 1.000.000
- Valga (PP) 930.000
- Noia (PP) 900.000
- Frades (PP) 800.000
- Cospeito (PP) 733.650, 71
- Vedra (PP) 700.000
- Outeiro De Rei (PP) 600.000
- Ourense (PP) 600.000
- Crecente (PP) 555.000
- Castro De Rei (PP) 500.000
- *CONSORCIO Louro E Mos (pp) 500.000
- Porto Do Son (PP) 451.059, 54
- *Consorcio Louro E O Porriño (PSOE) 425.000
- Trazo (PP) 415.000
- A Peroxa (PP) 411.129, 52
- Sober (PP) 405.000
- Fisterra (psoe) 382.969,79
- Salvaterra (PP) 365.000
- Celanova (PP) 360.000
- Mos (PP) 350.000
- Lobios (PP) 350.000
- Paradela (pp) 350.000
- Riós (PP) 348.299, 81
- Ortigueira (PSOE) 341.043, 96
- A Gudiña (PP) 304.912
- Abegondo (PP) 300.000
- Dodro (PP) 250.000
- Ribeira (PP) 225.000
- Oímbra (PP) 204.735,52
- Cerdedo (PP) 202.630,95
- Lousame (PP) 200.000
- Cervo (PP) 200.000
- Baltar (PP) 200.000
- Friol (PP) 200.000
- Coirós (PP) 200.000