Augas confirma ao BNG que das 44 centrais hidráulicas, só unha ten cláusulas sociais

A deputada do BNG, Carme Adán preguntou ao goberno que vai facer cos saltos hidroeléctricos en Galiza ante o remate das concesións e coas infraestruturas xa amortizadas

A parlamentaria do BNG, Carme Adán preguntou hoxe, na Comisión de Industria, que vai facer o goberno galego ante o remate das concesións dos saltos hidroeléctricos en Galiza previsto para dentro de tres anos. Asemade tamén se interesou por se foron cumpridas as cláusulas sociais e se o futuro das infraestructuras, “xa amortizadas” terán un aproveitamento público.

De 44 saltos, só un inclúe cláusulas sociais

Pola súa , o Director xeral de Augas de Galiza, Roberto Rodríguez anunciou que ante o remate das concesións de saltos hidroeléctricos a Xunta avaliará o seu futuro uso tras o desenvolvemento dos expedientes administrativos e confirmou que só existe un salto con cláusula social, das 44 centrais de gran hidráulica.

Na réplica, a nacionalista explicou que Galiza está inzada de grandes e minis centrais hidroeléctricas e amosou a súa sorpresa tras constatar, segundo a resposta do propio director de Augas de Galiza, que “só unha ten cláusulas sociais”. Para a deputada, resulta sorprendente que non existan cláusulas sociais nas grandes hidroeléctricas como a de Belesar.

Sobre o remate das concesión, Carme Adán preguntou se o goberno prevé algún tipo de revisión do modelo de explotación da gran hidráulica e as minicentrais porque, “o modelo de concesión non é publico”, o que realmente existe, recalcou a nacionalista é “un ben público do que as empresas obteñen beneficios privados” e a maiores, sen cláusulas sociais para os territorios que foron asolagados e gravemente afectados por danos socias e mediomabientais.

Modelo franquista para subministrar enerxía ao centro do Estado

A parlamentaria lembrou que os saltos son produto dunha media tomada no período franquista para abastecer de enerxía eléctrica ás empresas de Madrid coa construción de encoros con grandes custos medioambientais así como para a poboación e o territorio galego. Custes, remarcou, que non foron compensados nin en postos de traballo nin en termos económicos para Galiza porque “os beneficios repercuten directamente en compañías eléctricas privadas”.

En Galiza contamos con minicentrais de máis de cen anos como o Pindo en Ézaro sobre o río Xallas xestionado por FERROATLANTICA, en Mondoñedo a minihidráulica Tronceda, en Barreiro sobre o río Masma, en Viveiro sobre o río Landra ou sobre o río Verdugo en Pontecaldelas pero as grandes centrais hidroeléctricas proceden da época do franquismo, “das 44 centrais, 31 datan deste período” é dicir, o 70% das existentes e cun deseño para transferir a enerxía producida en Galiza ao centro do Estado.

A parlamentaria recalcou que as infraestruturas “están amortizadas” polo que volveu a preguntar que vai facer o goberno ante a proximidade do remate das concesións. Será revisado o modelo de explotación para un aproveitamento público dos saltos?, preguntou.

O director de Augas confirmou que tras os expedientes, a Xunta valorará continuar ou paralizar o aproveitamento dos saltos porque o futuro dos saltos será analizado de maneira individualizada.