A Audiencia absolve finalmente os tres sindicalistas condenados por defender aos traballadores

Guillerme con Suso Seixo, secretario xeral da CIG, e Marcos Cadórniga, un dos sindicalistas da CIG que se enfrentaba a unha pena de 3 anos de cárcere.

O BNG, a través do seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez, expresou hoxe “os nosos parabéns aos tres sindicalistas absoltos esta mañá pola Audiencia de Pontevedra da sentenza xudicial que os condeaba a tres anos de cárcere por defenderen os dereitos dos traballadores”.

Guillerme Vázquez, que acompañou esta mañá aos sindicalistas, declarou que “o BNG congratúlase por esta decisión xudicial e parabeniza ás forzas sindicais”.

Ademais, o portavoz nacional do BNG pediu que “esta sentenza da Audiencia de Pontevedra sente un precedente para que se deixe de criminalizar a defensa dos dereitos dos traballadores e, en definitiva, a defensa dos dereitos democráticos máis esenciais”.