Aprobada por unanimidade a proposta do BNG para aplicar os tratamentos de Hepatite C nos cárceres

Contra todo pronóstico e tras a intevención do portavoz do Partido popular, Aurelio Centeno que afirmou se están a dispensar os tratamentos á poboación reclusa e mesmo  criticou que a deputada do  do BNG, Montse Prado acusara á Xunta e a consellería de Sanidade de “seguir negando os tratamentos” a persoas reclusas,hoxe a Cámara galega votou por unimidade a inciativa defendida pola parlametaria do BNG

 Pleno.-A parlamentaria do BNG, Montse Prado, a través dunha Proposición non de lei, reclamou aplicar o Plan nacional contra a Hepatite C a poboación reclusa.A deputada pediu unha rectificación do goberno galego para que non sigan morrendo as persoas afectadas polo virus polo que pediu o voto favorábel do grupo maioritario do PP á iniciativa nacionalista.

Na súa intervención lembrou que no segundo pleno do anterior período de sesións foi debatida unha iniciativa sobre a administración dos fármacos do tratamento contra a Hepatice C das persoas privadas de liberdade nos cárceres galegos froito dunha Proposición de Lei remitida pola Plataforma de afectad@s da Hepatite C e unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza obrigando ao SERGAS a dispensar os tratamentos nos centros penitenciarios galegos.

Asemade, dixo, o BNG demandaba a coordinación entre o SERGAS e a Dirección Xeral de Institucións penitenciarias para permitir a aplicación efectiva do Plan de abordaxe para a Hepatite C, naquela ocasión, o Partido popular votou en contra a pesar de causar “moito sufrimento e mesmo mortes”.

O BNG pide ao PP que rectifique para impedir máis mortes por Hepatite C

A parlamentaria afirmou que “xa non se pode remediar o dano causado” pero o Partido popular ten unha oportunidade hoxe de rectificar para evitar que “moitas persoas queden no camiño”. Hai uns días facíase público que no cárcere de Teixeiro morría unha persoa reclusa con problemas hepáticos que non estaba a recibir o tratamento, ao que sumou a denuncia da Fiscalía contra a Xunta por restrinxir os fármacos contra a Hepatite C con presunta responsabilidade penal pola morte de doentes que non recibiron os tratamentos.

A deputada tamén se referiu a outro decreto da Fiscalía de Galiza que confirma o alto número de persoas presas afectadas de Hepatite C en Galiza que tampouco reciben tratamento, “145 internos necesitan o tratamento”.

Finalmente, a parlamentaria referiuse as queixas recibidas pola Valedora do Pobo e a negativa de xefes de servizo do SERGAS, “de maneira voluntaria ou por encomenda do propio SERGAS”, que impiden aplicar o tratamento a doentes polo que volveu reclamar “sensibilidade” ao Partido popular para reclamar do goberno central a aplicación do Plan de abordaxe da hepatite C.

Pola súa parte o portavoz do Partido popular, Aurelio Núñez Centeno afirmou que os internos están a recibir os tratamentos, afirmación que a deputada negou. Lamento, dixo a deputada  que “rectificar” non forme parte do vocabulario do Partido popular.

Hoxe, sen embargo o grupo maioritario do Partido popular votou favorablemente a proposta do BNG acandando a inicitiva a unanimidade no Parlamento galego.