Aprobada no Parlamento a iniciativa do BNG para acometer o transvase na praia de Covas, en viveiro

covas
Olalla Rodil na praia de Covas en Viveiro en agosto de 2016
  • A deputada do BNG, Olalla Rodil  tamén reclamou principiar un  proceso de diálogo coa Plataforma Salvemos a Praia de Covas cara unha solución na fixación de area no areal

O BNG, a través dunha proposición non de lei defendida pola deputada Olalla Rodil acadou un acordo por unanimidade  na Comisión de Ordenación do Territorio celebrada hoxe no Parlamento galego.

Tras a intervención da parlamentaria do BNG que ademais reclamaba iniciar un dialogo coa Plataforma Salvemos a Praia de Covas en Viveiro, o acordo obriga ao Parlamento a instar á Xunta a “acometer o transvase de area previsto na praia de Covas coa maior celeridade posible e a manter unha vía de comunicación directa e permanente con todas as persoas afectadas para procurar unha solución ao longo prazo para a fixación de  area no areal”.

Para a parlamentaria este acordo suporá “unha  solución temporal” aos graves problemas xerados polas obras do dique de abrigo do Porto de Celeiro. A nacionalista afirmou que o BNG espera que este acordo non se converta en “papel mollado” e que as actuación comecen canto antes.

Olalla Rodil agradeceu o apoio de todas forzas parlamentarias a unha iniciativa que daba traslado ás demandas veciñais.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG