Ana Pontón traslada o apoio e solidariedade do BNG ás persoas afectadas polo accidente ferroviario do Porriño
09 de setembro de 2016 (22:02 h.)
A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, trasladouse ao Porriño esta maña para coñecer in situ as circunstancias do tráxico accidente ferroviario, e manifestar en nome do BNG a solidariedade, afecto e apoio a todas as persoas afectadas polo sinistro.
Tras suspender todos os actos de campaña, Pontón fixo un recoñecemento do traballo que realizaron desde o primeiro momento o persoal dos dispositivos de emerxencia, e ofreceu toda a axuda e colaboración que o BNG como organización política poda prestar, á espera de que se coñezan as causas do accidente, nuns momentos que xeran unha gran conmoción social. “Estamos para axudar en todo o que se poda”, manifestou.