Ana Pontón: “Somos unha forza á alza e a esperanza dos e das galegas para defender os seus intereses en Galiza, Madrid e Bruxelas”
Pide a Sánchez que comece a gobernar e cumpra o acordo de investidura con Galiza porque “os galegos e as galegas non poden seguir agardando”
Ana Miranda: “Imos dar moito que falar en Bruxelas porque imos ser a voz incansable na defensa de Galiza e dunha Europa social e da paz”
A portavoz nacional, Ana Pontón, e a candidata Ana Miranda valoraron os resultados obtidos este pasado domingo, os mellores en 20 anos nunhas eleccións europeas, como unha nova demostración de que o BNG é unha forza política á alza que, proceso electoral tras proceso electoral, incrementa o seu apoio social.
“Por primeira vez desde 1999 temos escano na noite electoral e o de onte é o mellor resultado en 20 anos nunhas eleccións europeas, o que consolida a un BNG que está á alza e que, proceso electoral tras proceso electoral, mellora os seus resultados porque somos a forza política que representa a esperanza dos galegos e das galegas para defender os seus intereses en Galiza, en Madrid e en Bruxelas”, sintetizou Pontón logo da reunión da Executiva Nacional en Santiago para analizar o resultado.
A líder nacionalista mostrou o seu convencemento de que “onte moita xente se deitou moi feliz” porque había un escano galego, porque sabía que Galiza “vai ter unha voz que vai defender os seus intereses”. “A nosa eurodeputada, Ana Miranda, vai estar en Bruxelas dando a cara polos nosos sectores produtivos, pola xente moza que quere acceder a unha vivenda, para dicir Altri non ou para defender a fin do espolio eólico e camiñar cara a unha transición enerxética que sexa xusta”, exemplificou.
Convencida de que o escano galego é motivo de celebración para todas as persoas que queren a Galiza, votasen o que votasen, Pontón reivindicou o incremento de 4,3 puntos obtido polo BNG nestes comicios -un ascenso do 36% en termos porcentuais- que, comparado coas últimas eleccións europeas en solitario, as de 2014, se eleva ata os 8 puntos.
Máis, tendo en conta o contexto dunha campaña deseñada “como unha especie de plebiscito entre o PP e o PSOE”, onde as forzas estatais non quixeron poñer o foco “nin en Europa, nin moito menos no que se estaba xogando Galiza nestas europeas”. “Fomos a única forza política que falou de Galiza, do que nos xogábamos os galegos e as galegas e tamén de que modelo de Europa queremos construír nun momento que é decisivo”, subliñou.
A portavoz nacional recordou que as forzas nacionalistas integradas na coalición da que formaba parte o BNG situáronse como cuarta forza máis votada no Estado, por riba de organizacións de ámbito estatal, o que confirma que o nacionalismo “é un factor determinante, o foi no pasado, o é no presente e o vai seguir sendo no futuro”.
Neste sentido, Pontón advertiu que, “unha vez que se esgota o ciclo electoral tamén a nivel estatal, é o momento de comezar a gobernar”, polo que emprazou ao Executivo de Pedro Sánchez a enfocarse dunha vez na acción de goberno e cumprir co acordo de investidura asinado co BNG.
“Chegou o momento de gobernar e chegou o momento de que Sánchez cumpra os seus compromisos con Galiza e desde o BNG imos ser moi esixentes porque os galegos e as galegas non poden seguir agardando”, recalcou despois de lembrar que, xogando sempre a favor dos dereitos e das liberdades, a verdadeira razón de ser do Bloque “está en defender os intereses de Galiza”.
Logo de mostrar a súa preocupación polo avance da extrema dereita en Europa que, dixo, só se parará activando unha intensa axenda social, a líder nacionalista concluíu agradecendo o apoio de todas as persoas que confiaron no BNG e ás que comprometeu un incansable traballo para defender os intereses dos galegos e das galegas en Europa e tamén a contribución “a un mundo máis xusto, máis decente e con paz”.
De igual xeito, agradeceu á militancia o seu “extraordinario traballo” e dedicación que personalizou especialmente en Ana Miranda, da que dixo “é un orgullo” poder contar cona súa experiencia e bagaxe á hora de defender Galiza nas institucións europeas.
Na súa intervención, Miranda agradeceu o apoio dos case 180.000 galegos e galegas que este domingo votaron BNG, facendo posible o “feito histórico” de acadar escano propio na mesma noite electoral, como en 1999, para que Galiza teña voz propia en Europa. Unha voz, dixo, que será incansable en defensa dos intereses do País e, ao mesmo tempo, das causas xustas nunha Europa que ten que ser máis social e máis xusta, apuntou.
“Imos ser esa voz de Galiza en Europa e imos dar moito que falar, porque imos ser infatigables e, dende o noso escano, imos defender ao País en todos aqueles debates que nos afectan”, subliñou, aludindo ao reparto de fondos europeos, á política pesqueira común ou á PAC.
Nun momento no que “vemos os perigos que hai en Europa”, dixo en alusión ao avance das forzas de ultradereita e das que defenden a militarización da UE, “o pobo galego estará tamén dende o escano do Bloque defendendo as políticas de paz e a Europa dos pobos, máis xusta e social” e que ao longo desta campaña a eurodeputada representou a través do seu “tendal da dignidade”, que volveu ensinar hoxe.