Ana Pontón: "Sería de sentido común que o Tribunal Supremo cualificase de ilegal que ENCE continúe na Ría até 2073"
Un día antes de que se faga pública a sentenza do Tribunal Supremo que dite se a autorización para que ENCE ocupe o espazo da Ría de Pontevedra ata 2073 é valida, Pontón confía en que se valore “a legalidade”, cando xa existe unha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra que é “suficientemente clara con respecto a iso”.
A Audiencia Provincial de Pontevedra xa declarou no seu momento de “ilegal” a prórroga que o Goberno de Mariano Rajoy lle outorgou á compañía de celulosa para manter ata o 2073 as súas instalacións en zona de dominio público e protexida pola Lei de Costas.
Por iso, a portavoz do BNG cualificou de “impensable” que a xustiza non referende unha sentenza que xa existe e pediulle ao PP “que deixe de enganar á cidadanía e traslade a fábrica a outro entorno, como xa se fixo con outras similares, para poder continuar construíndo unha Pontevedra sustentable”.