Ana Pontón: " En Riberia a única alternativa real ao de sempre é o BNG, un goberno liderado por Luís Barral"
"Temos proxecto, equipo, e liderado para aplicar en Riberia o modelo municipal de éxito do BNG que transforma para ben a vida da xente"
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón apela en Riberia á forza das mulleres, "esa forza que move o mundo" e non como metáfora, dixo, "como realidade porque se as mulleres paramos, para o mundo "e por iso sei que "o presente e o futuro son feministas".
Pontón tamén aludiu ao humor como "arma de construción masiva" e para construír futuro, dixo é preciso cambiar de rumbo. Ese e o cambio que propón o BNG para Riberia con Luís Barral liderando o próximo goberno municipal a partir do 28 de maio.
A líder do BNG insistiu en que para obter resultados diferentes non podemos facer sempre o mesmo e en Ribera urxe dar ese cambio e lanzou unha pregunta aos asistentes, cantas das persoas que estades aquí hoxe non coñecéchedes máis gobernos que os do PP?
Luís, por exemplo, aínda non nacera e xa gobernaba o Partido Popular e o resultado despois de 33 anos de des-gobernos da dereita están á vista de todos e de todas.
"Ribeira merece máis", Riberia "merece un concello que poña ás persoas no centro, libre de clientelismos e no que todo o mundo sexa tratado por igual; merece servizos públicos de calidade, merece un proxecto transformador que ilusione, merece futuro para a xente moza. Toca abrir un tempo novo neste concello con Luís Barral como próximo alcalde de Ribeira".
Na súa intervención, a líder do BNG criticou que o PP diga que o candidato do BNG á alcaldía é moi novo. Pois ben, explicou, eu quero dicirlle ao PP que a mocidade galega lles molesta moito e por iso fixo todo o posible para que 200.000 mozos e mozas colleran a maleta cara a emigración nos últimos anos. Parece que o Partido Popular ten como lema “Galiza non é País para a mocidade”. Pero no BNG temos claro que Galiza é da xente moza, que este País non se entende sen a xuventude e por iso que hai que traer de volta aos mozos e mozas que colleron a porta da emigración por falta de oportunidades.
Dende o BNG, recalcou, a líder nacionalista, queremos construír unha Galiza que lonxe de botar fora á mocidade recupere o seu importante protagonismo, e por iso, Luís, "precisamos da túa forza, da túa formación e experiencia, a túa ilusión e, por suposto, precisamos da túa mocidade para poñer en marcha un tempo novo en Riberia cun modelo municipal de éxito do BNG". Un modelo transformador, de calidade e de prestixio, para mellorar a vida da xente.
En Riberia, reiterou Pontón, a única alternativa ao de sempre é un goberno liderado polo BNG con Luís Barral como alcalde a partir do 28M. Toca facer algo diferente, non un mero intercambio de cromos ,o PP ten 9 e a excisión do PP 7 e todo sigue igual pero o cambio real en Ribeira é ter un goberno do BNG.
Insisto, "o BNG representa a única opción de cambio real para este concello, porque temos un gran candidato e un proxecto serio, solvente, e coa man tendida para transformar esta cidade en positivo, a favor das persoas".
Aos veciños e as veciñas ofrecémoslle un modelo municipal de éxito, que funciona, como demostramos nas vilas e cidades que lideramos desde os gobernos municipais.
"Onde gobernamos transformamos, construímos concellos con calidade de vida, rendabilizamos cada euro, son exemplos de democracia participativa, concellos feministas que apostan pola igualdade, sustentables e honestos".
Onde gobernamos, remarcou Pontón, aplicamos política social, urbanismo para as persoas, fomentamos o orgullo polo noso, a nosa lingua e cultura. Conseguimos vilas e cidades con dinamismo económico, social e cultural. Temos proxecto, "temos equipo e temos un candidato con liderado que coñece moi ben esta cidade, os seus problemas e as solucións".
A portavoz do BNG amosou o seu convencemento do avance do BNG en Ribeira, igual que no resto de Galiza. Por iso, "estou convencida que imos ter un gran resultado nas urnas porque a corrente de simpatía cara o BNG non deixa de medrar e porque temos un modelo municipal de éxito que o mellor aval para pedir o apoio da cidadanía. Un modelo de calidade e con prestixio que ten dúas claves: pensamos Galiza e os nosos concellos en grande. En todos e cada un dos concellos onde goberna o BNG non lles puxeron límites aos seus soños, soñaron con levalos á práctica e foron quen de facelos realidade. Fixérono superando todas as trabas, esa ladaíña do aquí non se pode, do non hai nada que facer que tanto predican as forzas estatais, tanto a dereita acomplexada como esa esquerda cegada por Madrid.
E os concellos do BNG avanzan porque o BNG ten algo que ninguén máis ten. "Temos a nosa cabeza e o noso corazón en Galiza, temos amor e confianza plena en Galiza. Amor por Galiza, amor polos nosos concellos, e confianza no pobo galego, nas inmensas posibilidades e potencialidades que temos. E aí están os feitos".
O BNG representa o entusiasmo, a vitalidade, o empuxe, o optimismo que tanto necesita Galiza e a sociedade galega.
"O meu soño é facer realidade esa Galiza en grande como xa facemos nos concellos onde gobernamos". Teño a esperanza e o convencemento de que está máis cerca que nunca facer ese soño realidade e abrir unha nova etapa na que os galegos e galegas miren ao futuro con tranquilidade e esperanza".
Quero unha Galiza grande na sanidade.
Fronte a un PP convertido nun perigo para a saúde dos galegos e das galegas, quero construír unha Galiza cunha sanidade forte e libre de recortes.
Quero devolverlle á sanidade pública o que se merece. Reverter o recorte de 2.339 millóns de euros que o PP fixo en Atención primaria e vos, aquí, dixo sabédelo ben.
Como non vai haber listas de espera para ir ao centro de saúde?
Como non vai miles de nenos e nenas sen pediatra asinado?
Como non vai haber PACs sen médicos?
"A saúde é o máis importante e por iso o noso compromiso vai ser sanidade pública, sanidade pública, sanidade pública SEMPRE"
Quero unha Galiza grande que aproveite a súa riqueza.
Fronte a un PP e a un PSOE que apoian o espolio eólico por terra e agora tamén por mar, o modelo de País que quero liderar colocará a riqueza eléctrica de Galiza a favor de Galiza.
Porque claro que queremos unha transición enerxética, pero xusta e democrática, que beneficie á maioría social pero o PP goberna para o lobby eléctrico. Acordádesvos da foto de Feijóo abrazado ao presidente de Iberdrola na súa toma de posesión como presidente da Xunta?
É toda unha declaración politica, dime a quen te abrazas e direche para quen gobernas. "A verdade é que o álbum de fotos de Feijóo é para enmarcar".
Agora andan en Madrid decaídos e decepcionados con Feijóo. Debían pensar que con el chegaba a Madrid un gran estadista, o prodixio dos Peares.
Pero chegou Feijóo: o mesmo que cala ante a cachada de Baltar conducindo a 215 quilómetros por hora un coche oficial o domingo.
E seguro que moitos de vos estades preguntando por que tiña tanta presa o presidente do PP de Ourense por chegar a Madrid un domingo?
E seguro que tamén vos preguntades, de que teñen tanto medo Feijóo e Rueda que non din nin pío sobre o asunto.
No BNG temos moi claro que "o reposto que nos deixou Feijóo non é capaz de dirixir e de poñer orde non seu propio partido, así que moito menos vai poder dirixir Galiza".
E tal é así que leva desde que o puxeron facendo oposición ao BNG e a min como portavoz do BNG. Demostrando que sabe perfectamente que "ese será o lugar que ocupe cando os galegos e as galegas poidan opinar nas urnas e facer historia cunha muller como presidenta de Galiza".
Xa o comentei antes, pero quero repetilo, "quero construír unha Galiza en grande para a mocidade, para acabar dunha vez por todas coa sangría da emigración" e que poidan desenvolver o seu proxecto de vida en Galiza, poñer o País a producir, xerar riqueza e emprego e darlle á xente nova traballos dignos en Ribeira ou en calquera outro concello galego.
E por moito que as forzas estatais queiran facer dos nosos concellos o seu partido previo da liga estatal, quero recordarlles que o que eliximos o 28 de maio son as persoas que nos representarán nos concellos. Que non nós tomen por parvos repetindo en Galiza os seus pim-pam-pums madrileños.
"O 28M non vai de Feijóo nin vai de Sánchez, vai dos veciños e da veciñas elixindo aos seus alcaldes e alcaldesas".
Remato xa para pedirvos que aproveitemos ao máximo esta campaña, porque "imos a por todas, sen poñernos límites", saímos a ganar un futuro mellor para Galiza, "para esa Galiza en grande que queremos empezar a construír concello a concello".
Pontón mantén un encontro coa candidatura de Porto do Son e reitera o compromiso do BNG contra as verteduras da mina de Sanfinx autorizadas polo Goberno do PP.
Previa a súa participación no mitin en Ribeira, a portavoz nacional desprazouse a Porto do Son, onde mantivo un encontro coa candidatura que encabeza Balbino González, e visitou distintos comercios da localidade, nun concello no que o BNG aspira a ter un resultado que lle permita liderar o próximo goberno municipal. A portavoz nacional do BNG, fixo referencia ao compromiso do Bloque na demanda da comarca en defensa da Ría Muros-Noia fronte aos verquidos contaminantes da mina de San Finx autorizados polo Goberno do PP.